Décimo.- Permiso para tratamentos de fecundación asistida.

O persoal funcionario docente terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo, sempre que se faga en centros do ámbito do Sistema Nacional de Saúde ou con concerto
no réxime especial de seguridade social dos funcionarios públicos. Se fose necesario o desprazamento fora da provincia, o permiso será de dous días.
O persoal funcionario docente terá o mesmo dereito e nas mesmas condicións, para acompañar ao seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación.

CONCÉDEO : a dirección.

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: