Concentración diante do Parlamento
Plataforma pola defensa dos servizos públicos - Contra o proxecto de orzamentos 2013
CENTOS DE PERSOAS EMPREGADAS PÚBLICAS DIXEMOS NON A ESTES ORZAMENTOS
A Concentración de onte, día 26, diante do Parlamento onde se debatían os orzamentos para o ano 2013 puido realizarse nun pequeno espazo diante do Parlamento (na beirarrúa) posto que todos os demais espazos estaban tomados por unha gran cantidade de efectivos antidistrubios.
Ás organizacións que conformamos a Plataforma sumáronse as e os estudantes da Universidade na protesta contra estes orzamentos que non fan máis que recortar todas as partidas destinadas aos servizos públicos para, logo de deixalos afundidos, poder privatizalos para que poidan lucrarse uns poucos mentres os máis teremos que pagar dobremente por eles.
A nosa crítica aos orzamentos a podes atopar
aquí
Permanente do Secretariado Nacional
27 de febreiro de 2013