STEG ó día · STEG opina

14-09-2010

A Consellería obstaculiza o funcionamento dos comedores escolares

Comedores escolares

COMEDORES ESCOLARES

A CONSELLARÍA OBSTACULIZA O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES

O STEG anima a todo o profesorado a recorrer cada caso no que se denegue o uso do servizo do comedor, sempre e cando se cumpra o artigo 8º do decreto que os regula.

As instrucións 3/2010 sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso escolar 2010-2011 remitidas pola Consellaría recollen dúas modificacións arbitrarias relativas ao persoal colaborador na xestión de ditos comedores, encamiñadas a dificultar o correcto funcionamento dun servizo do que a Consellaría busca desfacerse privatizando a súa xestión.

Ata o curso pasado a colaboración na xestión dos comedores viña sendo desenvolvida por nais, pais ou titores legais do alumnado do centro, así como por profesorado voluntario, baixo a responsabilidade da dirección. En calquera caso tratábase dunha colaboración de carácter “altruísta e desinteresada” destinada a garantir a atención ao alumnado en horas non lectivas, e con idéntico custe para a Consellaría independentemente de quen o desempeñase.

Coas novas instrucións a Consellaría impide que nais, pais ou titores legais podan colaborar dous anos consecutivos no comedor do centro, así como a utilización por parte do profesorado non colaborador dos servizos do comedor cando haxa familias colaborando, a pesares de incumprir o decreto 10/2007 no seu artigo 8º c) que di textualmente: “Usuarios do servizo de comedor: c) O profesorado e persoal non docente do centro que solicite o servizo, sempre que existan prazas vacantes, e se dispoña de persoal colaborador suficiente para a atención ao alumnado”. É claro que a instrución que nos ocupa non pode restrinxir os dereitos concedidos regulamentariamente.


Estamos ante unha decisión inxustificada por parte da Consellaría, que non é quen de argumentar as vantaxes desta medida rexeitada por toda a comunidade educativa e que só engade dificultades ao funcionamento dun servizo amplamente demandado. Para o STEG a única explicación posible é que a Consellaría está a preparar o camiño para xustificar a privatización da xestión dos comedores, poñendo a responsabilidade dunha decisión política, consecuente co ideario deste goberno, na falta de implicación da comunidade escolar ... A pesares do cinismo que amosa, xa temos visto este tipo de argumentacións na deficiente xestión de programas como ABALAR.


Desde o STEG temos presentado ante a Consellaría un escrito solicitando a modificación destas instrucións e poñemos a disposición de todo o profesorado a nosa Asesoría Xurídica para recorrer cada caso no que se denegue o uso deste servizo a quen cumpra co regulado no Decreto.

 

 sinaturas

 

Secretariado Nacional do STEG
Setembro 2010

Pdf para imprimir

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza