8 DE MARZO  
8 de marzo 2018
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2018

"FOLGA DE MULLERES: A EDUCACIÓN É A CHAVE PARA A IGUALDADE"
Propostas didácticas
Actividades para Infantil, primaria,1º, 2º e 3º da ESO, 4º da ESO e bacharelato
  e adultos


 O 8 de marzo do 2017 a Asemblea de Mulleres do STEG convocou e sumouse ao PIM (Paro Internacional de Mulleres), con intención de darlle continuidade, acordamos este 2018 apoiar a folga de mulleres cun paro de dúas horas, para poder visibilizala nos nosos centros educativos, sen renunciar a realizar as actividades de divulgación propias dese día. Temos o desexo de estar presentes nos nosos centros educativos, traballando con actividades propias do 8 de marzo.
Os paros convocados polo STEG son de:

. 12:00 a 14:00 na quenda de mañá

. 19:30 a 21:30 na quenda da tarde para posibilitar a asistencia ás manifestacións do 8 de marzo que están convocadas en moitas localidades ás 20:00

Ámbito laboral:

Os coidados e a educación son tarefas que a sociedade asigna ás mulleres e son peor pagadas que as asignadas a homes, isto é a fenda salarial. A educación está máis feminizada canto menor sexa a idade do alumnado e a fenda salarial é maior. Esiximos un corpo único do profesorado, que equipare os soldos e as horas docentes en todo o sistema educativo, eliminando esta diferencia monetaria entre docentes. Este corpo deberá ter un soldo equiparado ao do resto do funcionariado. Educar non debera estar peor pagado que traballar nun despacho. O teito de cristal tamén afecta ao sector do ensino: nun colectivo amplamente feminizado os postos de responsabilidade están a ser ocupados nunha proporción bastante superior por homes (isto tamén repercute en que os soldos das mulleres sexan máis baixos)
As medidas de conciliación da vida familiar e laboral non son dabondo nos nosos centros, xa que se terían que aplicar flexibilidade suficiente aos horarios establecidos e favorecer a formación e promoción laboral das persoas que concilien.
Os centros son o noso centro de traballo e non hai protocolos de actuación efectivos contra o acoso sexual e de discriminación por razón de sexo.

Ámbito educativo:

Como mulleres nun sindicato do ensino laico, público e galego, este ano concretamos os motivos para secundar este paro con esixencias de mellora do sistema educativo, de mellora en igualdade e equidade, porque a educación é a chave para cambiar o mundo. A escola é o principal espazo de socialización para as nenas e nenos e demandamos o investimento para garantir a coeducación. Estas son as nosas demandas:
Non se pode falar de coeducación sen suprimir os concertos dos centros que segregan por sexos.
A política educativa da falacia da conciliación familiar ten que rematar. Os centros educativos non son o espazo para a conciliación familiar. Demandamos políticas que garantan o coidado por parte de nais e pais, as escolas non son aparcadoiros masificados de nenos e nenas. Hai que rematar co discurso de que a solución para a infancia é ter máis horas de escolarización.
Recortar en educación é recortar no futuro. O papel queda baleiro de contido se non se produce investimento, polo que cada medida educativa que se tome debe ir acompañada do investimento necesario.
Esiximos que o currículo inclúa ás mulleres invisibilizadas na historia, na ciencia e nas artes. As nenas precisan referentes femininos. Cambios no currículo importantes son tamén os referidos á educación afectivo sexual dende idades temperás. Educar en igualdade é educar no afecto e educar contra a violencia sexual. Precisamos educar aos nenos contra as masculinidades violentas e ás nenas contra a pasividade para que ambos desenvolvan a súa autoestima libres de estereotipos de xénero.
Queremos un ensino público para educar en igualdade. Queremos un ensino laico libre de moralismos, de misoxinia, e que non viva de costas ás diferentes identidades de sexuais e xénero. Queremos un ensino libre de estereotipos sexistas. As docentes tamén vivimos nunha sociedade machista, por iso é preciso perspectiva de xénero na nosa formación. Para educar en igualdade debemos ser conscientes dos nosos sesgos, consideramos que é preciso ampliar a oferta de formación en coeducación, e a perspectiva de xénero debe ser transversal en toda formación docente.
As nenas e nenos sempre son vítimas da violencia exercida contra as súas nais. Ás veces a violencia é exercida directamente contra o neno ou nena. Chegados á adolescencia podemos atopar agresores.
É preciso un plan de actuación en casos de violencia machista e este plan deberá contar con profesionais aos que os centros podan recorrer e protocolos para casos de violencia machista.
Todos os centros deben contar cunha coordinación en igualdade. Esta coordinación debe ser dotada de horas, sen que supoña un aumento da carga docente, e debe ser exercida por unha persoa con formación específica en igualdade de xénero.
É preciso investir en políticas educativas de igualdade. A coeducación é imprescindible para acadar a igualdade.

O MACHISMO É O PROBLEMA A EDUCACIÓN É A SOLUCIÓN
                                                                              Asemblea de Mulleres do STEG
                                                                              Organización de Mujeres de la
                                                                              Confederación Intersindical

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal