8 DE MARZO  
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2017

"ENREDADAS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS"

Propostas didácticas

Actividades para Infantil, primaria,1º, 2º e 3º da ESO, 4º da ESO e bacharelato
  e adultos

Como cada 8 de marzo as mulleres sairemos á rúa para celebrar o Día Internacional das mulleres. Este día é un día de celebración, pero tamén de loita e reivindicación. Un día no que gritamos alto e claro que estamos aquí e que non nos imos render no noso empeño de conseguir o espazo social que nos corresponde.

Pero as mulleres non só saímos á rúa o 8 de marzo. As mulleres levamos moitos séculos loitando polos nosos dereitos. Na actualidade o patriarcado, diante dos avances acadados polas mulleres e por medo de perder a súa hexemonía, atácanos de todas as formas posíbeis. Pretenden sacar leis restritivas. Leis que pretenden quitarnos o que nos corresponde por dereito propio, pero as mulleres, estamos atentas e diante dos ataques, saímos á rúa de forma masiva para deixar claro que chegamos ata aquí para quedarnos, que os dereitos conseguidos non imos consentir que nolos quiten.

As mulleres comprendemos que a nosa forza está na nosa unión, cada vez somos máis conscientes que xuntas poderemos lograr cambios. Como exemplo temos a paralización da modificación da lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, que entrou en vigor o 5 de xullo de 2010. Por iniciativa dun grupo de mulleres (Lles Comadres), xestouse a gran marcha chamada “Tren da Liberdade” o goberno paralizou a modificación da lei e dimitíu o Ministro de Xustiza que pretendía modificar a lei para facela máis restritiva. No 2015, o 7 de novembro, realizouse unha gran manifestación, tamén en Madrid, pedindo aos Gobernos do Estado Español, un compromiso real para erradicar as violencias cara ás mulleres. Conseguiuse que gran cantidade de concellos, deputacións, comunidades autónomas... asinasen un compromiso para tomar medidas contra estas violencias que sufrimos as mulleres.

Ademais, este chamamento traspasou fronteiras, e mulleres de países europeos e americanos, apoiáronnos con manifestacións paralelas. Este ano, ante a elección como presidente dos Estados Unidos de América de Donald Trump, e ante os seus comentarios machistas e misóxinos, as mulleres americanas non dubidaron en saír á rúa e realizar unha manifestación en Washington, o 22 de xaneiro de 2017, onde participaron cincocentas mil persoas, para facer ver ao mundo que non permitirán que os dereitos das mulleres sexan vapuleados polos caprichos dun home que “non amaba ás mulleres”. Esta manifestación tamén traspasou fronteiras, recibindo apoios desde todos os países do planeta.

As mulleres estamos a organizar un gran Paro Internacional para o 8 de marzo de 2017. O Paro Internacional de Mulleres (PIM) é un movemento de base formado por mulleres de diferentes partes do mundo. Foi inspirado desde Polonia e creado nas últimas semanas de outubro de 2016 por mulleres de varios países como resposta á actual violencia social, legal, política, moral e verbal experimentada polas mulleres actuais en diversas latitudes. Toda a información atópase nesta páxina https://www.facebook.com/ events/1043905282422378/

Con este gran paro pretendemos que os gobernos deixen de usar insultos misóxinos, que tomen medidas reais para que as mulleres poidamos camiñar con tranquilidade pola rúa en calquera lugar e en calquera momento do día. O acceso gratuíto a atención médica (incluíndo os dereitos reprodutivos), o establecemento e aplicación de graves sancións ante todo tipo de violencias cara ás mulleres, pola laicidade dos nosos estados, e por defender os nosos dereitos humanos.

Patriarcado treme, porque as mulleres estamos a mobilizarnos, somos máis da metade da poboación e estamos dispostas a facernos oír.

                       
                                                                              Asemblea de Mulleres do STEG
                                                                              Organización de Mujeres de la
                                                                              Confederación Intersindical

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal