O bo uso da expresión das emocións pasa polo recoñecemento destas. Pór sobre a mesa as emocións, descubrilas, expresalas, recoñecelas e analizar os condicionamentos sociais segundo o xénero
A corresponsabilidade nas tarefas do fogar e no coidado das persoas con falta deautonomía é unha mostra do grao de desenvolvemento dunha sociedade igualitaria
Educación contra a homofobia
A corresponsabilidade, clave da igualdade Imos a medias
Actividades propostas no 8 de marzo de 2002 co obxectivo de propiciar a reflexión na aula acerca da realidade do “sexismo” e as súasmúltiples manifestacións na nosa sociedade
O Observatorio da Mariña pola Igualdade achega a guía didáctica e o díptico sobre "Antía Cal, educando iguais", que naceron froito da colaboración do Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Concello de Muras, en Lugo.
Neste calendario, en todos e cada un dos días do ano, aparecen referencias a mulleres, e as súas aportacións ao arte, á ciencia, ao coñecemento, á xustiza social, á música... aportacións que na maioría de casos teñen sido ignoradas e invisibilizadas. Dende o STEG realizamos un importante traballo de investigación e recompilación co obxectivo de recuperar os nomes, vidas, historias e aportacións de todas elas ao coñecemento e experiencia universal.
Todos os calendarios contan cunha proposta de actividades para ser traballados na aula.