EXPOSICIÓN DE MULLERES NA HISTORIA  
EXPOSICIÓN DE MULLERES NA HISTORIA

Exposición MULLERES NA HISTORIA realizada polo Colectivo 8 de Marzo do IES A Pontepedriña durante o curso 2006-2007.

A exposición consta de 60 paneis explicativos que abranguen desde as primeiras reivindicacións feministas durante a Ilustración, ata as numerosas mulleres que no século XXI loitan desde moi diversos ámbetos por construir unha sociedade máis xusta.
Desde o STEG somos conscientes da necesidade de que se coñeza esta historia que apenas aparece nos libros escolares, polo que agradecemos ao profesorado que realizou este traballo que xenerosamente o ceda para que poida chegar a canta máis xente mellor. No noso labor de difusión, desde a Asemblea de Mulleres do STEG desexamos destacar a calidade da mesma, e queremos abrir a posibilidade de compartir experiencias coeducativas entre o profesorado, polo que vos convidamos a poñervos en contacto connosco para solicitar o préstamo gratuito da exposición durante dúas semanas, ou para facer aportacións que desexedes compartir e as que lle poidamos dar difusión.

Exposición en PDF

Tamén podedes solicitar unha copia en CD nas nosas sedes para proxectala en power-point.


Exposición de mulleres na historia
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal