ORG. MULLERES DA C. I.   
COMUNICADOS
Día das nenas

 

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical loitamos en cada unha das nosas accións por mudar o sistema patriarcal que as nosas nenas(e nenos) continúan a padecer e que lousan as nosas expectativas dunha vida en igualdade.

 

Cada unha das mulleres que loitan, que loitamos, por transformar a cultura na que vivimos y que sufrimos dende nenas, facémolo por todas e cada unha de nos, pero sobre todo facémolo por todas e cada unha das nenas que hoxe e mañá chegan ás nosas sociedades patriarcais.

 

Loitamos para que poidan elixir como ser, como estar no mundo, como relacionarse ou en que traballar, e loitamos para que as institucións se impliquen e fagan cumprir as leis que tanto esforzo nos costou acadar.

 

Loitamos para que nunca máis teñan que ser bonitas, doces e boas compañeiras (se non lles da a gana), para que non teñan que ser as coidadoras das súas familias e parellas (se é que non elixiron), para que non continúen mutilando os seus xenitais, para que non se siga a desposalas, vendendo ou mercando, para que nunca máis sexan forzadas ou violadas, para que non haxa nin unha morta máis.

 

Na nosa Organización de Mulleres, seguiremos loitando xuntas por todas nosoutras, pero sobre todo por elas. Merecen atoparse cun mundo libre de machismo, e se queda algún rastro, merecen estar acompañadas no camiño por mulleres que lles dean a man e xunto a elas alcen a voz.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal