ARTIGOS DE OPINIÓN   
ARTIGOS DE OPINIÓN
Día Europeo das Linguas 2021

 

Día Europeo das Linguas 2021: Pola diversidade lingüística e cultural

 

Desde a Confederación Intersindical sumámonos á celebración do Día Europeo das Linguas, co obxectivo de seguir traballando na promoción e defensa das linguas minoritarias e minorizadas dos nosos territorios. Hoxe máis que nunca debemos atender á diversidade cultural e lingüística e aprender a vivir nun entorno global cada vez máis plural. Esta celebración, que se iniciou o ano 2001, ten como un dos seus obxectivos promover a riqueza da diversidade lingüística de Europa; unha riqueza que hai que preservar e potenciar.

 

Polo que se refire á ensinanza, desde a Confederación Intersindical seguiremos traballando para que as linguas oficiais e propias dos territorios que están en proceso de normalización lingüística (catalán, euskera, galego, asturián e aragonés) sexan linguas vehiculares da ensinanza e de comunicación interna e externa, de forma que se garanta a súa progresiva normalización. Desta forma, desde a escola poderase traballar por unha verdadeira e necesaria integración e cohesión social.

 

Ante o anteproxecto de lei audiovisual que o Goberno español deu a coñecer fai poucos días, aproveitamos esta xornada para reafirmar a nosa defensa dos dereitos culturais e lingüísticos das outras linguas do estado distintas do castelán. O redactado actual atenta contra un dos usos sociais máis importantes dunha lingua en pleno século XXI, como é a oferta dixital de contidos audiovisuais, ya sexa en plataformas en liña ou canais televisivos. Consideramos esencial que a futura Lei audiovisual incorpore garantías e cuotas para as linguas dos territorios en proceso de normalización lingüística, en todo aquilo que poida afectar á produción de contidos, a súa difusión e emisión. Así mesmo terá que incluir medidas para ofrecer una reciprocidade comunicativa entre autonomías que comparten lingua.

 

As linguas catalá, euskera, galega, asturiana e aragonesa son un patrimonio cultural do Estado español e deben ser obxecto dunha especial protección. No Día Europeo das Linguas hai que reivindicar, unha vez máis, que o pluralismo lingüístico e cultural ten que ser un dos principios básicos da nosa sociedade.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal