ORGANIZACIÓN DE MULLERES CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL   
COMUNICADOS
A literatura, non sen mulleres

A celebración deste día parte dende España en 2016 por iniciativa da Biblioteca Nacional para dar visibilidade ás mulleres escritoras , tan o máis importantes que os homes escritores da nosa literatura. Festéxase este día por ser o luns máis próximo ao 15 de outubro, día no que se celebra a festividade de Santa Teresa. Así, cada ano corresponde a un luns diferente e en este 2020 conmemórase o 19 de outubro.

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical queremos render homenaxe e enxalzar as figuras destas mulleres que viviron en épocas nas que os convencionalismos sociais fixeron que permaneceran no anonimato. É claro que se as nosas escritoras non son citadas no noso sistema educativo, ou faise, dende un punto de vista numérico, en proporcións ínfimas á dos seus coetáneos, difícil é que a nosa sociedade teña en mente nomes femininos de escritoras, cando falta ese coñecemento e esa información.

Ata o Renacemento non aparece na Literatura Española un nome feminino, neste caso o de Santa Teresa de Xesús. Teremos que agardar ao século XIX con Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para poder recapacitar e ver que as mulleres non tiveron nin espazo nin lugar nunha Literatura rexida polo patriarcado.

Nos últimos tempos grazas ao lugar que pouco a pouco imos gañando as mulleres en espazos culturais, atopamos varios estudos que versan sobre escritoras descoñecidas, e que constatan unha vez máis que as mulleres foron eliminadas da historia da Literatura. Foron mulleres que escribiron nun contexto gobernado polo patriarcado, a igrexa e a tradición, polo que non tiñan voz. E o peor é que o noso sistema educativo foi transmisor destas desigualdades en todos os campos do coñecemento. Como vou valorar a alguén se non a coñezo, se nin sequera sei da súa existencia? Podemos citar hoxe día a As Sinsombreiro de Tania Balló, libro e documental que son coñecidos grazas ao labor desta cineasta e que conseguiu rescatar do esquecemento a mulleres como Concha Méndez, Rosa Chacel, María Zambrano, … entre outras, que viviron e compartiron experiencias con homes escritores ilustres da literatura española nunha época inesquecíbel para as nosas letras, porén, a sociedade e os propios intelectuais dese momento mantivéronas agochadas.

Rescatar a todas estas mulleres partícipes do mundo da cultura e, que polo tanto, contribuíron a ela dende unha perspectiva humilde e oculta, non é soamente preciso, é totalmente imprescindíbel nunha sociedade na que as mulleres estamos empoderadas e fartas deste machismo que nos impuxeron dende o inicio dos tempos.

Deste xeito, dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical reivindicamos alto e forte o papel das mulleres escritoras, o seu coñecemento e o seu posto máis que merecido nas nosas Letras. Non temos que esquecer que unha sociedade crece e se desenvolve, entre outros elementos, ao redor dun legado cultural tan importante como é a súa literatura.

Por elo berramos nomes como: Matilde Cherner, Mercedes Formica, Felicidad Blanc, Carmen de Burgos, e moitas máis, que xa non volverán ser obviadas das nosas letras.

A voz das mulleres soe exhalar un azo esforzado, unha conciencia constante de que a vida ten que esixirllesis que aos homes” ELVIRA LINDO

Cando apareceu nas librarías a Antoloxía Poética que me publicou Joaquín Mortiz e trouxéronme ao sanatorio as recensións, comprendín que a miña vida estaba chea de estímulos e déronme desexos de vivir (…)” CONCHA MÉNDEZ.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal