INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Comunicado da Asemblea de Mulleres do STEG
Dende 2017, o goberno de Navarra (formado por Geroa Bai, EH Bildu, Podemos e Esquerda-Ezquerra) puxo en marcha o Proxecto Skolae, que é un plan de coeducación obrigatorio para centros públicos e concertados da Comunidade Foral e que formou até o momento a 2.200 docentes.  Desde o primeiro momento, o programa suscitou críticas por amplos sectores da dereita e ultracatólicos e o pasado outubro recorrérono porque, din, supón adoctrinamiento, un pensamento único e sen consenso. Tras a presentación de varias denuncias, as persoas responsables do programa tiveron que presentarse a declarar como testemuñas ante a Audiencia de Navarra o pasado 14 de xuño.

Skolae leva ás aulas a coeducación, é dicir, ensinos de igualdade entre mulleres  e homes, diversidade sexual, roles de xénero, erradicación das violencias, discriminacións e exclusión. Non é unha materia concreta, senón que forma ao profesorado. Por tanto, resulta absolutamente indignante que dez profesionais da educación que se dedican a difundir entre o alumnado os valores da igualdade, a erradicación da violencia cara ás mulleres e o respecto á diversidade sexan vítimas dun acoso que se fundamente en prexuízos ideolóxicos que nos lembran, tristemente, o pasado nacional-católico. Entendemos que non pode haber equidistancia neste asunto. A liberdade, a democracia e a igualdade son valores que non se poden cuestionar.

Fronte á intolerancia de sectores da ultradereita e ultracatólicos, desde a Asemblea de mulleres do STEG e a Confederación de STEs-i, no Pleno confederal celebrado o 15 de xuño de 2019,  mostramos o noso apoio e solidariedade cara aos compañeiros e compañeiras que desenvolveron o proxecto Skolae con profesionalidade e que foron vilipendiadas por iso. Ademais, seguiremos esixindo unha educación que fomente a igualdade de oportunidades e a xustiza social á vez que mantemos o noso compromiso coa coueducación, a inclusión da perspectiva  de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas desde a  educación, a prevención da violencia machista e o respeto a diversidade e orientación e identidade sexual.  Ensinar eses valores non é adoutrinar, é transmitir ferramentas esenciais para o futuro do noso alumnado e da sociedade en xeral. Entendemos que adoutrinan quen, desde as súas conviccións relixiosas e prexuízos persoais, tentan impolos ao conxunto da sociedade.

-documento en pdf

                                                                                            Asemblea de Mulleres do STEG e Organización de Mulleres da Confederación Intersindical
18 de xuño de 2019
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal