|
|
 |
INFORMACIÓNS VARIAS |
A Asemblea de Mulleres do STEG rexeita a proposta de servizos mínimos
|
Dende a Asemblea de Mulleres do STEG e, ao respecto da Folga de Mulleres do vindeiro 8 de marzo, rexeitamos a proposta de servizos mínimos planteada na reunión de onte en Compostela polos seguintes motivos:
- Non aceptamos o 20 por cento de persoal de limpeza e servizos nos comedores escolares, porque na maioria dos centros escolares, a totalidade das persoas traballadoras son mulleres e pedimos que o 100 por cen das mulleres teñan a opción de facer folga.
- Os servizos mínimos deberían estar cubertos na medida das posibilidades por homes.
- Rexeitamos que se equiparen as escolas de seis unidades coas de menos de tres unidades; estas últimas deberían seren consideradas como casos excepcionais.
- Non aceptamos en todo caso os servizos mínimos porque vulneran o dereito a folga. Consideramos que nestes casos deberían pecharse, como se fai outros días non lectivos ou os festivos sen vulnerar ningún dereito.
- Remitíronse en exclusividade á Constitución e á xurisprudencia, obviando cuestións fundamentais que afectan o colectivo convocante, isto é, as mulleres.
Por último, dende o STEG botamos en falta na xuntanza para os servizos mínimos que algunha organización sindical máis có STEG (e a CUT, que se interesou pola cuestión do transporte escolar) se preocupase polos servizos mínimos no eido do ensino público -sendo igualmente certo que tampouco se preguntou por esta cuestión no eido da sanidade.
ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG
27 DE FEBREIRO DE 2018 |
 |
|
 |
|
|