INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Manifesto da Asemblea de Mulleres do STEG
Dende hai 52 anos vense a celebrar o día 5 de outubro como día da docente, e nesta ocasión aproveitarase para recordar á Comunidade internacional que o dereito a educación implica o dereito a profesorado cualificado. Este tema foi escollido para celebrar o 70 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos (1948), que recoñece o dereito a educación como un dereito fundamental. Un dereito que non se pode cumprir sen docentes cualificados.

Dende a Organización de mulleres da confederación intersindical da que a  Asemblea de mulleres do STEG forma parte, estamos convencidas de que a educación pode e debe ser o motor de cambio para avanzar na consecución dunha sociedade xusta e equitativa, polo tanto e fundamental contar con docentes non soamente comprometidas/os persoalmente coa educación para o cambio social, senon tamén preparadas/os pedagoxicamente ao nivel profesional, para enfrontar os múltiples retos que nos atopamos nos nosos centros.

Esta formación pedagóxica debera darse ao longo de toda a súa traxectoria profesional, e debe deixar de ser un nicho de mercado neoliberal para pasar a ser un servizo formativo de calidade que parta das administracións educativas públicas.

Sobre o dereito a educación, non debemos esquecernos da presenza na educación dun importante sesgo de xénero. Segundo datos da UNESCO, no mundo hai 495 millóns de mulleres en condición de analfabetismo, dos que 36 millóns son nenas. Ademáis, un dos principais desafios de este dereito a escala mundial segue sendo a carencia de docentes. Estimase que, en total, 264 millóns de nenas/os e xóvenes non están escolarizadas/os e según o Instituto da UNESCO precisase contratar a uns 69 millóns de novos docentes para chegar os obxectivos da educación primaria e secundaria de aquí a 2030.

Non podemos obviar este día, que o persoal docente é, maioritariamente feminino. E por isto que dende a Organización de mulleres e a Asemblea de mulleres do STEG celebramos a nosa constancia nos nosos postos de traballo e nos nosos itinerarios formativos a pesar dos hándicaps e desigualdades que nos atopamos derivadas da xestación e da maternidade (especialmente as profesoras interinas e funcionarias en prácticas) que conlevan unha perda do seu posto de traballo ou da antigüidade fronte aos seus compañeiros varóns, ademais da falla de oportunidades e de tempo pola falta de corresponsabilidade nos coidados...
Independentemente de todos estes problemas, debemos celebrar, todas e todos, que somos capaces de superar as dificultades e facer noso o lema do ano, continuando coas boas prácticas.

-documento en pdf


                                                                    Asemblea de Mulleres do STEG e Organización de Mulleres da Confederación Intersindical
5 de outubro de 2018
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal