A Asemblea de Mulleres do STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) celebra este venres día 2 de marzo o Té Pioneiro na Coruña, onde se presentará o Calendario de Muller 2018.
O acto terá lugar na Coruña ás 19,00 h. na
Libraría Moito Conto. A presentación correrá a cargo da deportista e mestra, compañeira do STEG,
Maiuca Cortón, na compaña da Asemblea de Mulleres do STEG. A seguir haberá un recital poético feminista coas intervencións das poetas
Enma Pedreira, Eli Ríos e Verónica Martínez. A música correrá a cargo da violinista
Lucía Camiños Blanco.