Comunicámonos con vós para que coñezades os motivos tanto laborais como educativos polo que O STEG convoca un paro para o sector educativo. As actividades estarán en breve dispoñíbeis tamén aquí na nosa web.
O paro ou folga que convocamos no STEG é de dúas horas en cada quenda:
12:00 a 14:00 na de mañá
19:30 a 21:30 na quenda de tarde
- Queremos que saibades que as folgas NON teñen que ser comunicadas polas traballadoras ás direccións.
- Non cómpre estar afiliada a ningún sindicato para facer folga.
- As direccións deben prever a organización do centro cos servizos mínimos como se fose faltar todo o profesorado.
- O STEG convoca paro ou folga de dúas horas pero hai sindicatos como o Sindicato Ferroviario (que pertence a Confederación Intersindical e por tanto cubriría todos os sectores) que convocan paro de 24 horas e calquera persoa que queira facer o paro de 24 horas está cuberta legalmente. O único problema que podería haber é que, se facedes paro de dúas horas en horas nas que non están convocadas, a Administración podería descontarvos todo o día.
- Se parades dúas horas só vos poderán descontar o soldo dúas horas. Se parades todo o día vos descontarán 7 horas e media.
- Sería estupendo que en cada centro se puidese coordinar ao profesorado que queda no centro e facer accións para darlle visibilidade á celebración do 8 de marzo (Día da Muller) e á Folga de Mulleres.
- Pódese lembrar ao alumnado que as persoas tamén estamos chamadas a facer folga de coidados e de consumo (pídeselle aos homes que nos cubran ás mulleres nos coidados)
- As estudantes poden facer folga a partir de 2º ciclo da ESO e estarán cubertas polas asociacións estudantís que convocan a folga.
- Se tedes algunha dúbida non dubidedes en chamar ás nosas sedes.
Agardando que a información sexa do voso interese, recibide un saúdo, quedando á vosa disposición para calquera outra dúbida ou cuestión.
manifesto en pdf
ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG |