Manifestacións en apoio a Juana Rivas e contra a violencia machista
Para este sábado 9 de setembro están convocadas diversas manifestacións, que como xa saberedes, terán lugar en localidades de todo o país para amosar o rexeitamento social ante as decisións xudiciais no caso de Juana Rivas.
Igualmente, tamén queremos que esta mobilización chame a atención sobre a violencia machista en xeral e que isto non aconteza nunca máis. Un maltratador non é un bo pai. Non pode haber xustiza sen perspectiva de xénero, estamos desprotexidas e debemos esixir todos os medios necesarios para que isto non siga acontecendo. Non debemos ceder ante o discurso que nos medios, e dende determinadas instancias, culpabilizan a vítima por desobedecer una sentenza xudicial para protexer as súas crianzas dun pai maltratador.
Estamos seguras de que o movemento feminista conta con moitos apoios no noso país, polo que agardamos que vós tamén teñades presenza nas manifestacións do voso lugar de residencia ou máis próximo.
Agardando que a información sexa do voso interese, recibide un saúdo,