INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
O STEG denuncia presións da Consellería
Paro Internacional de Mulleres do 8 de marzo: o STEG ten constancia de que está a haber presións por parte da Administración para non facelo.
Ao fío do Paro Internacional de Mulleres previsto para hoxe, 8 de marzo,  cómpre lembrar que está convocado a nivel do Estado pola Organización de Mujeres da CI Confederación Intersindical, e a nivel de Galiza polo STEG e polo Sindicato Ferroviario, dando cobertura legal ás mulleres e homes que quixesen secundalo.
O paro está convocado para todas as persoas, mulleres e homes, de todos os sectores.

4- O paro non é total, é PARCIAL e faise segundo a quenda de traballo que se teña durante esta xornada. Así:
Mañá de 12:00 a 14:00 horas

Tarde de 18:00 a 20:00 horas
Noite de 21:00 a 23:00 horas.


Neste contexto, o STEG vén de ter coñecemento de que está a haber presións dende a Consellería e noutros eidos da función pública para impedir que este paro sexa secundado polas traballadoras e traballadores do ensino, ben nalgúns centros públicos, ben nas Xefaturas Territoriais.

O STEG quere denunciar esta situación, lembrando que con este tipo de actuacións estase a conculcar un dereito ensencial que ten toda a cidadanía como é o dereito á folga, polo que anima as traballadoras e traballadores a exercelo con liberdade e non ceder a este tipo de presións nin asinar papel ningún. (é un mal precedente polo seu carácter intimidatorio encamiñado a restrinxir este dereito).

Por tanto, desconfiamos tamén da súa utilización para contabilizar o seguimento da folga. O índice que pode reflectir a información recollida por esta canle será moi subxectiva porque non vai chegar a gran parte dos Servizos e dos diversos eidos produtivos. O STEG interpreta que é unha nova tentativa por desvirtuar o paro de hoxe e volver entrar no clásico xogo de cifras, MANIPULACIÓN.


                                                                               Comisión Permanente do SN do STEG
                                                                                           mércores 8 de febreiro de 2017
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal