INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
como secundar o paro de mañá?
INFORMACIÓN SOBRE O PARO DE MULLERES DO 8 DE MARZO NA GALIZA

COMO PODO SUMARME AO PARO SE TEÑO UN TRABALLO REMUNERADO?

1- O Paro Internacional de Mulleres (PIM) está convocado en máis de corenta países para esixir aos gobernos que tomen medidas para erradicar as violencias que sofren as mulleres.

2- A nivel do Estado español está convocado pola Organización de Mujeres da CI Confederación Intersindical da que o STEG e o Sindicato Ferroviario en Galicia, para dar cobertura legal ás mulleres e homes que quixesen secundalo.

3- O paro está convocado para todas as persoas, mulleres e homes, de todos os sectores.

4- O paro non é total, é PARCIAL e faise segundo a quenda de traballo que traballes ese día:

Mañá de 12:00 a 14:00 horas
Tarde de 18:00 a 20:00 horas
Noite de 21:00 a 23:00 horas.

Só poderías facer dúas horas en total.

5- Pódese saír do centro de traballo durante o paro. Poderías acudir ás concentracións ou
accións que se fagan na túa cidade.

6- Hai servizos mínimos fixados pola Xunta de Galicia nos diversos sectores cos que o STEG non está dacordo por considerar abusivos.

Son motivos da folga laboral:
a) A mellora das condicións laborais das mulleres e o fin da desigualdade laboral mediante a consecución da supresión da fenda salarial, o teito de cristal para promocionar, e a desigualdade nas pensións.
b) A promoción da conciliación da vida familiar e persoal.
c) A desaparición da discriminación no acceso ao emprego e a diminución da taxa de paro de mulleres.
d) A loita efectiva contra as situacións de acoso sexual no ámbito laboral, a precariedade laboral e a alta taxa de contratos con xornadas parciais e de curta duración.
e) Esíxese así mesmo ao goberno estatal que desenvolva e alcance cos grupos da oposición, colectivos feministas e axentes sociais, as medidas para erradicar as violencias cara ás mulleres e á súa vez sexa
considerado cuestión de Estado.
#NósParamos
#NonEstamosTodas
#8M
#NósOrganizámonos


COMO PODO SUMARME AO PARO SE NON TEÑO TRABALLO?

Fai folga de tarefas domésticas durante o 8M. Non lavamos , non pasamos o ferro. Folga de consumo durante toda a xornada.

Para significarte durante o paro laboral, que terá lugar desde as 12:00 ás 13:00 podes organizarte coas túas veciñas, amigas e familiares e concentrarvos nalgún lugar do barrio que sexa visíbel. Podedes levar carteis co motivo da vosa proposta , así como pitos ou cacerolas, para facervos escoitar. Recomendámosvos notificar ás autoridades pertinentes dita concentración para evitar represalias pola lei mordaza.

Se non tes posibilidade de unirte a outras veciñas podes sumarte ás compañeiras e compañeiros que fagan o paro laboral no seu centro de traballo do teu barrio. Acode ás concentracións e manifestacións que se convoquen na túa localidade.
Viste con roupa morada ou negra para significarte co movemento.

Fai fotos e vídeos da acción e envíaas a parodemujeres@gmail.com para facer un vídeo documental con todo o material. Taménpodes subilo ás túas redes sociais, en twitter usando os Cancelos: #MujeresenHuelga #NosotrasParamos #YoPARO8M. (nivel estatal) Faite un selfie previo á xornada de folga cun cartel que poña #YoPARO8M e #EuParo8M e súbeo ás túas redes sociais para animar a outras persoas a se sumar.

Explícalles aos teus familiares, amigas e veciñas que é o Paro Internacional de Mulleres e
anímaas a se sumaren: #MulleresenFolga #NósParamos

O 8M todas as mulleres paramos contra de desigualad de xénero e de violencias
machistas . Se as nosas vidas non valen produzan sen nós.

A SOLIDARIEDADE É A nosa ARMA!

*servizos mínimos na Consellería de Educación:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Servizos centrais: 1 funcionario/a da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Servizos periféricos: 1 funcionario/a da unidade de persoal da xefatura territorial correspondente.

Centros públicos de ensinanza dependentes desta consellería:

A dirección ou membro do equipo da dirección, e un subalterno o subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do catering en cada un dos comedores de xestión indirecta.
1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.
O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.
O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.
A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados neste punto será realizada pola dirección do centro respectivo, procedéndose a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro.

-documento en pdf
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal