INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Paro Internacional de Mulleres
A Confederación Intersindical, da que forma parte a Organización de Mujeres, na que á súa vez se integra a Asemblea de mulleres do STEG, convoca folga o día 8 de Marzo. Desde distintos países está a prepararse un paro Internacional de mulleres para esixir aos gobernos que tomen medidas para erradicar as violencias que sofren as mulleres, desde a Organización de Mujeres da CI, participamos na dinamización deste paro no estado español. Pero decatámonos de que faltaba un soporte legal para todas aquelas mulleres que quixesen sumarse ao paro. Ademais dende cada territorio do estado, estaban a organizarse paros de moi diversa índole. Desde a organización de mulleres da confederación intersindical instamos o noso sindicato a que lanzase unha convocatoria de paro para o 8M e así dar cobertura a todas as mulleres que quixesen secundalo. A folga, DUN DÍA DE DURACIÓN, iniciarase o día 8 de marzo ás 00:00 horas e finalizará ás 24 horas dese día e afectará a TODAS AS TRABALLADORAS E OS TRABALLADORES DO ESTADO ESPAÑOL TANTO FUNCIONARIOS COMO LABORAIS DE TODOS OS SECTORES PRODUTIVOS e todos os centros de traballo, os cales pararán a súa actividade ao longo do día de forma parcial. Diante da necesidade de especificar horas para os paros, para evitar que a folga a consideren abusiva ou ilegal, incluímos o horario dos paros:
De 12 horas a 14 horas. De 18 horas a 20 horas e de 21 horas a 23h. Son obxectivos da folga:
a) A mellora das condicións laborais das mulleres e o fin da desigualdade laboral mediante a consecución da supresión da brecha salarial, o teito de cristal para promocionar, e a desigualdade nas pensións.
b) A promoción da conciliación da vida familiar e persoal.
c) A desaparición da discriminación no acceso ao emprego e a diminución da taxa de paro de mulleres.
d) A loita efectiva contra as situacións de acoso sexual no ámbito laboral, a precariedade laboral e a alta taxa de contratos con xornadas parciais e de curta duración.
e) Esíxese así mesmo ao goberno estatal que desenvolva e alcance cos grupos da oposición, colectivos feministas e axentes sociais, as medidas para erradicar as violencias cara ás mulleres e á súa vez sexa considerado cuestión de Estado. Desde a Organización de Mulleres da CI, animamos ás mulleres de todos os territorios do estado español que se somen a este paro internacional, que alcemos a voz e xuntas fagamos tremer ao patriarcado e derrubar os alicerces que o sosteñen.

#Nosotrasparamos
#NoEstamosTodas
#8M
#NosotrasNosOrganizamos

-documento en pdf
                                                                                                                              Organización de Mujeres Confederación Intersindical
                                                                                                                              Asemblea de Mulleres do STEG
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal