INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Resumo e conclusións elaboradas pola Asemblea de Mulleres
Os Días 17,18 e 19 de outubro celebrouse en Xixón o IX Congreso Mundial de Bioética Organizado polo SIBI (Sociedade Internacional de Bioética), baixo o título
"As violencias contra as Mulleres: Aspectos socio-estructurais e legais"
participaron máis de 500 persoas congresistas e na súa organización colaborou o Movimento Feminista de Asturias, entre elas a Secretaría da Muyer de SUATEA nos aspectos relativos á coeducación. Ao longo destes tres días nas distintas ponencias, debates e mesas redondas tratáronse varios aspectos da violencia contra as mulleres en diversos ámbitos e con diversos enfoques:

- a violencia de xénero nas relacións de parella
- as agresións sexuais
- a violencia entre a xuventude

A sociedade heteropatriacal convirte a violencia contra as mulleres nun fenómeno global. Para atallar este problema cómpre tomalo como unha cuestión de Estado garantindo o dereito á vida das mulleres. Este tema foi tratado na ponencia de Teresa San Segundo e na posterior mesa redonda onde se fixo fincapé en que a globalización ten un efecto negativo sobre a igualdade das persoas, e que a violencia asáñase coas nenas e rapazas (matrimonios pactados, mutilacións, violacións...).

Miguel Lorente tratou a violencia de xénero nas relacións de parella e fixo referencia a que, dos 600.000 casos, só 126.000 son denunciados e tan só 28.365 rematan en condenas por violencia de xénero, remarcando o feito de que só un (0,005 %) son denuncias falsas. Tamén sinalou que non hai un perfil definido de maltratador. Outra das ponencias interesantes foi presentada por Paola Fernández - coordinadora do Programa de Atención Psicólogica para Mujeres Menores de Edad Víctimas de Violencia de Género en Andalucía-, que sinalou que na violencia machista entre menores o uso da violencia física é espectacular, non habendo un perfil definido de maltratador adolescente senón pautas de comportamento.

A importancia dos medios de comunicación no tratamento das novas relacionadas coa violencia contra as mulleres para rematar con este mal e cos feminicidios é esencial. A maioría dos titulares esquecen o feito de que se están a asasinar mulleres un dia si e outro tamén e semella que na maioría dos titulares as mulleres morren porque queren. Outras veces proporcionan unha dose excesiva de morbo dos feitos violentos onde as mulleres son vítimas e dan detalles que axudan a desviar o foco e atención da violencia exercida contra elas, ou presentan o agresor como unha persoa normal que nunca antes tivera un episodio violento. Nuria Varela, xornalista, escritora, experta en violencia de xénero, explicou que o trato da violencia machista pola prensa é nesgado, dándolle un tratamento de suceso e que convivimos na cultura do simulacro como se as mulleres non existiran, aínda que sexan a metade da poboación. A violencia de xénero non é unha preocupación da nosa sociedade como pode ser o paro ou a corrupción.

Analizamos tamén os aspectos xudiciais das violencias e que se ten que propor, como un xeito de acabar con este mal, un recoñecemento áxil das vítimas e a valoración eficaz dos riscos, así como a necesidade de maior formación das persoas intervintes no proceso.

A mesa redonda educativa " Educar contra a violencia de Xénero" foi presidida por unha compañeira de SUATEA . A coeducación nas escolas é esencial, sendo necesaria a súa introdución a idades máis temperás incluíndo os conceptos de igualdade e bo trato. Carmen Ruiz presentou o seu traballo da violencia de xénero entre adolescentes, onde o repunte da violencia é cada vez maior. Falou dos diversos tramos polos que pasa onde a dependencia vai en aumento,con grandes doses de violencia física no último tramo. Miguel Ángel Arconada engadiu o traballo a realizar dende o lado dos rapaces e Marian Moreno tratou o tema da visibilidade LGTBl nas escolas. Quedamos abraiadas tamén pola profundidade dos traballos expostos polo alumnado de varios colexios de Xixón tratando a temática da violencia de xénero.

En canto as conclusións do Congreso, quedou patente que a violencia contra as mulleres non decrece e que é un problema global. Tamén:

- É necesario acadar un a pacto de estado entre todas as forzas políticas e sociais en calquera coxuntura política e económica, para garantir o dereito das mulleres a unha vida digna e libre de violencia.
- Creación de unidades forenses especializadas para a atención das mulleres vítimas de violencia de xénero. Así mesmo dispor de medios eficaces para a valoración do risco e a formación específica de todas as persoas profesionais que interveñen no proceso.
- Que o sistema educativo invista en coeducación en todas as etapas contando cun corpo docente formado en factores estruturais da desigualdade. A deconstrución de mitos na escola como o do amor romántico en parellas adolescentes. A impartición de programas afectivo-sexuais que fomenten as relacións de respecto e autonomía para evitar a violencia tanto en parellas adolescentes coma a discriminación pola diversidade sexual.
- Debe asegurarse que as persoas do xornalismo e dos medios de comunicación estean formadas en todo o relacionado coa desigualdade de xénero, para que poida existir un tratamento riguroso nas novas de violencia de xénero. Adopción de medidas que contribúan a diminuír a violencia simbólica que está presente nos medios de comunicación, publicidade, videoxogos e RRSS porque existe unha total impunidade no enaltecemento do sexismo e o machismo.
- Inclusión do feminicidio no delicto penal. Regular o matrimonio ritual e consuetudinario, así como contemplar a figura do temor reverencial. Hai que abordar urxentemente a trata de mulleres como a escravitude do século XXI.

O camiño é moi longo e queda moito por facer pero as mulleres vítimas de calquera violencia machista precisan a solidariedade de todas as institucións e da sociedade porque SEN REPARACIÓN NON HAI XUSTIZA.


-documento en pdf
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal