INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
10 de maio de 2014
COEDUCAR EN IGUALDADE
10 DE MAIO DE 2014

Esta xornada formativa tiña por obxectivo servir de formación e de encontro entre as mulleres do STEG e aquelas outras do mundo do ensino que estivesen interesadas nesta temática para traballar nas súas aulas dende unha perspectiva coeducadora, xa que é unha das liñas fundamentais do noso sindicato.

Para comezar a xornada tivemos a ponencia de Belén Regueiro Burgo qué é pedagoga de Técnica de Igualdade da Casa da Muller do Concello de Lugo onde nos falou da diferenza sexo-xénero, os principais estereotipos e roles de xénero presentes na nosa sociedade e cómo debería ser un modelo de escola coeducadora.

Coñecemos as interesantes campañas levadas a cabo dende a Casa da Muller de Lugo:

  • A lingua en igualdade pégase. Emprégaa ben
  • Igualdina
  • No fogar somos un equipo: el polvo es cosa de dos

Na segunda parte da mañá acompañounos Lola Ferreiro Diaz, cunha interesante ponencia sobre a Educación afectivo emocional dende unha perspectiva de xénero, onde puidemos reflexionar sobre o proceso de desenvolvemento das persoas e a construcción da personalidade das nenas e nenos na nosa sociedade e a súa repercusión nas relacións interpersoais. Tamén vimos cómo as actitudes e as motivacións pódense construir en termos saudábeis e, se non se fixo así, pódense cambiar ca axuda adecuada, proporcionándonos estratexias para o traballo na aula.

Despóis de desfrutar da comida, pola tarde fixemos a presentación do Plan de Igualdade do STEG, un documento interesante para levar aos centros e que nos permita reflexionar, tomar conciencia e actuar sobre aqueles aspectos que fan que a nosa escola aínda teña moito que andar ata una verdadeira coeducación.

Posteriormente, con  Amanda Díaz Pena, Presidenta da Asociación Enriqueta Otero de Lugo, baixo o título “Porque non son cousas de nenos. Do conto de fadas ao ideal romántico”, reflexionamos sobre os valores pouco axeitados que transmitimos as nosas nenas e nenos con películas como as de Disney, onde no caso da “Bela adormecida”, se podería estar vendo un relato de violencia de xénero, pouco recomendable para una educación coeducadora. Identificamos os mitos do amor romántico presentes nestas películas infantís e tamén sobre os estereotipos e valores pouco axeitados de campañas publicitarias dirixidas principalmente as rapazas e mulleres.

Galería de fotos

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal