RD 1594/2011
RD DE ESPECIALIDADES - Resumo
OBXECTO
O RD de Especialidade ten por obxecto regular as especialidades docentes do corpo de mestres e mestras establecidas na LOE que desenvolverá as súas funcións nas etapas de EI e EP; así mesmo, ten por obxecto establecer a competencia docente nas diferentes especialidades.
ESPECIALIDADES
As especialidades recoñecidas no RD son:
· Educación infantil.
· Educación Primaria.
· Lingua estranxeira: Inglés.
· Lingua estranxeira: Francés.
· Lingua estranxeira: Alemán.
· Educación física.
· Música.
· Pedagoxía Terapéutica
· Audición e Linguaxe.
COMPETENCIA DOCENTE (art. 3)
O que di o RD respecto ás competencias dos especialistas:
· mestras e mestres coa especialidade de EI, impartirán todas as áreas do currículo de EI. Poderán ser apoiados no 2º ciclo por outros especialistas cando as ensinanzas o requiran.
· mestras e mestres coa especialidade de EP, terán competencia para impartir as áreas de:
o Coñecemento do medio natural, social e cultural,
o Educación artística,
o Lingua e literatura,
o Matemáticas e
o Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
Para impartir Música, Educación física, Linguas cooficiais e linguas estranxeiras requerirase, ademais, estar en posesión da especialidade correspondente.
· EP: as ensinanzas de Música, Educación física e Linguas Estranxeiras, serán impartidas por mestras e mestres en posesión desas especialidade.
· EP: os postos de PT e AL, serán ocupados por mestres e mestras en posesión desas especialidades.
O que di o RD respecto ás competencias de especialistas doutras áreas:
· as mestras e mestres das especialidades de EM, EF, LL Est., PT e AL, poderán impartir as áreas propias de EP;
O que di o RD con respecto aos agrupamentos:
Os postos de traballo nos que se agrupe alumnado de EI e EP poderán ser ocupados indistintamente por especialistas de EI ou E.P.
ADQUISICIÓN DE ESPECIALIDADES (art. 4)
Con este artigo ponse fin ao modelo de habilitacións actual. A partir da entrada en vigor do RD a forma de adquirir especialidades será:
· por oposición de ingreso no Corpo segundo regula o RD 276/2007;
· por adquisición de novas especialidades; proceso regulado no RD 276/2007 (oposición);
· por estar en posesión das titulacións ou requisitos que figuran no anexo.
· o profesorado especialista que, en virtude da atribución de competencia docente (recoñecida no artigo 3), teña exercido docencia durante alomenos tres anos e en máis dun 30% do seu horario, , nas áreas propias da especialidade de Primaria, a partir da entrada en vigor deste RD, adquirirá a especialidade de Educación Primaria.
Así mesmo, nas DISPOSICIÓNS ADICIONAIS E TRANSITORIAS fanse as seguintes matizacións:
· manteranse todas as habilitacións recoñecidas con anterioridade;
· o funcionariado que reunía os requisitos para habilitarse para algunha das especialidades existentes cando entrou en vigor o novo CXT (RD 1364/2010), disporán de tres meses para solicitalo;
· o funcionariado que iniciara cursos de especialización para habilitarse antes da entrada do RD de CXT disporán de tempo para acabalos.
· o funcionariado poderá impartir docencia, excepcionalmente, nos módulos formativos nos PCPIs.
· o profesorado de PT e AL, poderán desempeñar funcións de atención á diversidade en Secundaria.
Do mesmo xeito, nas DISPOSICIÓNS ADICIONAIS E TRANSITORIAS regúlase, tamén, o seguinte:
· poderán manterse indefinidamente nos seus postos e exercer mobilidade en relación as vacantes ofertadas ao profesorado do corpo de mestres e mestras que estea adscrito aos dous primeiros cursos da ESO;
· poderán manterse indefinidamente nos seus postos e exercer mobilidade en relación as vacantes ofertadas ao profesorado do corpo de mestres e mestras que estea adscrito nun centro de educación de persoas adultas;
· os requisitos de formación que se esixirán ás mestras e aos mestres para impartir docencia nunha lingua estranxeira, nun área distinta a dita lingua, incorporarán como mínimo a acreditación do nivel B2 do MCERL. |