Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  PROFESORADO INTERINO   
INFORMACIÓN XERAL
O Tribunal de Luxemburgo confirma as reclamacións do STEG

OTRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA (TXUE) vén de ditar o 22 de decembro de 2010 unha esperada sentenza que resolve as cuestións prexudiciais interpostas por dous xulgados galegos: o contencioso-administrativo n.º 3 da Coruña e o Contencioso n.º 3 de Pontevedra.

Da letra desa sentenza podemos afirmar que o TXUE consagra a interpretación que o STEG viña facendo da Directiva 199/70/CE en relación coa obriga da Administración de pagar ao profesorado interino os importes correspondentes aos trienios consolidados con anterioridade á entrada en vigor do LEBEP, que, lembremos, recoñecía (art. 25.2) os trienios correspondentes aos servizos prestados con anterioridade á entrada en vigor do LEBEP pero limitaba os seus efectos económicos á data de entrada en vigor do mesmo.

Basicamente o TXUE decide con claridade as seguintes cuestións controvertidas:

1.- declara aplicable a Directiva 1999/70/CE ao persoal interino da Comunidade Autónoma Galega;

2.- afirma que a Directiva é suficientemente precisa e incondicional para que poida ser obxecto de aplicación directa de xeito que o funcionariado interino poida invocala para esixir o recoñecemento dos trienios correspondentes ao período comprendido entre a expiración do prazo concedido ao Estado español para traspoñer a directiva (10/07/2001) e a data de entrada en vigor do LEBEP; e,

3.- conclúe que malia a existencia na normativa estatal que transpón a Directiva 1999/70 ao Dereito interno dunha disposición que recoñece o do funcionariado interino ao pagamento de trienios, pero que exclúe a aplicación retroactiva dese dereito, as autoridades competentes do Estado membro de que se trata están obrigadas, en virtude do Dereito da Unión e en relación cunha disposición do Acordo marco dotada de efecto directo, a conferir a este dereito ao pago de trienios con efecto retroactivo dende a data de expiración do prazo impartido aos Estados membros para a transposición desta Directiva ao Dereito interno

En conclusión, como vimos sinalando podemos afirmar que o TXUE confirma e dá por boas as reivindicacións do STEG neste punto, agora toca que os Xulgados e Tribunais Galegos apliquen a interpretación efectuada polo Tribunal de Luxemburgo, e aínda que poderían xurdir problemas confiamos en que non traizoen o criterio indicado. Iso si compre recordar que o abono dos importes sinalados seguirá condicionado á efectiva reclamación por parte dos interesados, e suxeitoa ao prazo xeral de prescripción das débedas da Administración que é de 5 anos.

Con todo, o STEG traballará para que ese dereito recoñecido de xeito individual mediante unha sentenza, obrigue á Administración para con todas as persoas afectadas.

Secretariado Nacional do STEG,
decembro de 2010
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal