Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LINGUA GALEGA   
ARTIGOS DE OPINIÓN DO STEG
Resposta do STEG
APOIO AOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O STEG comeza unha campaña para deter as difamacións contra as nosas compañeiras e compañeiros


Nos últimos días, inclusive meses, estamos a asistir a unha violenta campaña, protagonizada por unha asociación política que nada ten que ver co ensino, contra os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e, xa que logo, contra as persoas que os integran, que ao cabo é persoal ao servizo da Consellería.
Fronte a estes ataques nos que se acusa aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e en especial á Coordinadora de equipos de utilizar os seus blogs e webs con obxectivos ideolóxicos, informamos que desde o STEG, ante a falla de apoio da Administración educativa, iniciamos ás seguintes accións:

1. Unha entrevista co Secretario Xeral de Política Lingüística para acordar que medidas se tomarán desde a Secretaría Xeral para visibilizar o esforzo dos EDNL a prol da dinamización da lingua galega, así como para saír en defensa dun colectivo do profesorado que, sendo persoal ao servizo da Consellería, está a ser obxecto dun claro ataque con motivos, esta vez si, ideolóxicos.

2. A esixencia dunha declaración pública do Conselleiro de recoñecemento do traballo a prol da lingua, así como a oferta de todo o seu apoio político e xurídico.

3. Mentres a Consellería non defenda ás súas traballadoras e traballadores, o STEG estudará a posíbel vía xurídica contra este ataque, organizado e difamatorio, do traballo das nosas compañeiras e os nosos compañeiros.

Para o STEG os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística están a cumprir unha tarefa necesaria e imprescindible nos centros educativos galegos, recoñecida por lei, e as persoas que os integran están a desenvolver as funcións que a lei lles ten encomendadas cunha recoñecida profesionalidade.


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal