Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LINGUA GALEGA   
ARTIGOS DE OPINIÓN DO STEG
O 40% das familias escolle o galego. Aínda así só se impartiran o 12% das aulas

ENQUISA LINGUA MATERNA INFANTIL

O 40% das nais e pais das grandes cidades de Galiza queren que as súas nenas e nenos sexan educadas en galego.
Aínda así só o 12% serán impartidas na nosa lingua

Co inicio do curso o STEG realizou unha consulta ao centros de Infantil e Primaria co obxectivo de saber os resultados da pregunta sobre a lingua materna das fillas e fillos en infantil. Preguntamos nos centros das 7 grandes cidades de Galiza xa que estas contornas son as que sofren a maior perda de falantes na nosa lingua.

O resultado, aínda que non pode ser considerado como o mellor posíbel, é unha advertencia para esta Consellaría e a actual política educativa da Xunta de Galiza. Para o STEG o mal plantexamento da pregunta, xunto coa prohibición das aulas de inmersión lingüística en contornos castelanfalantes impide a aprendizaxe do galego para as súas crianzas. Temos que lembrar que a escola en moitos destes contornos era o único lugar para o contacto coa lingua ao existir unha realidade de imposición e de substitución lingüística. Sobra lembrar a imposibilidade de cinema en galego, televisións, radio... o que fai máis necesario o traballo na escola.

O mal plantexamento da pregunta sobre cal é a lingua materna leva a nais e pais que, aínda tendo como lingua materna o castelán, e querendo unha escolarización en galego, non lles sexa posíbel esta opción. Por este motivo desde o STEG seguiremos a reivindicar que a lingua se estableza a partir do plan lingüístico atendendo a criterios científicos e co obxectivo da competencia lingüística do alumnado e non do analfabetismo lingüístico. A pregunta só pretende aproveitar os prexuízos lingüísticos históricos que aínda existen en parte da sociedade, xunto co desprestixio provocado recentemente por minorías radicalizadas, medios e gobernos irresponsábeis.

O paradoxo é que chegando a esta cifras do 40% a maioría das aulas (case o 90%) vanse impartir en castelán co que en lugar de facer unha política de apoio ao galego estamos a provocar a desgalización das nenas e nenos galegofalantes.

Os mellores datos para o galego danse na área urbana de Compostela e os peores resultados en Pontevedra.

Desde o STEG cremos que estes datos deben ser unha seria advertencia para o Goberno da Xunta e a Consellería de Educación para mudar a súa política lingüística. Neste senso cremos que se dan as condicións necesarias para a creación de aulas en galego na maioría dos centros educativos galegos e aumentar a presenza do galego desde a etapa de infantil como o mellor camiño para o coñecemento. 

PORCENTAXES

GALEGO

A CORUÑA

41%

LUGO

42%

OURENSE

41%

PONTEVEDRA

25%










Secretariado Nacional do STEG
setembro de 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal