Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2021/2022
DUA (DESEÑO UNIVERSAL DA APRENDIZAXE)
Matriculación:   Folla de inscrición


Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente na web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de  ABANCA: ES30 2080 5251 4330 4014 9434, consignando como concepto: “Matrícula DUA STEG”. O prazo de inscrición pecharase o 5 DE XANEIRO.
Aínda que o curso é en liña, poñede coma provincia de celebración do curso Ourense.
*Máis información no 981154031 e en corunha@steg.gal

1.  Descrición do curso
 
Este curso, cun total de 30 horas lectivas, pretende aportar as competencias profesionais necesarias para actuar como educador e guía no proceso de aprendizaxe dentro da educación inclusiva, que se enmarca nun paradigma educativo que promove o “acceso universal” e a aplicación do “deseño para todos” en todas as contornas do centro educativo, en todos os servizos do mesmo e no desenvolvemento curricular, promovendo a non discriminación, e evitando a exclusión na educación e desde a educación garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade é garantir o dereito á igualdade de oportunidades do alumnado máis vulnerable eliminando as barreiras á presenza, á participación e á aprendizaxe, promovendo o uso de axustes que permitan un deseño curricular accesible a todo o alumnado.
Os participantes que superen o curso coñecerán as distintas redes, pautas e principios DUA. E saberá aplicalos á programación da aula e alumnado. Tamén serán capaces de aplicar o Deseño Universal para a Aprendizaxe no deseño curricular; de coñecer e identificar as metodoloxías, programas, técnicas e estratexias de maior impacto na educación e analizar a súa relación co Deseño Universal para a Aprendizaxe; de reflexionar sobre a accesibilidade no centro educativo; de crear, elaborar e avaliar proxectos accesibles que eliminen as barreiras e garantan a presenza, participación e logros de todo o alumnado.
Ao rematarmos o curso haberá un proxecto final, en deseñar una actividade dun traballo por proxectos, ao que a partires do que sabemos poderá ser realizada por todo tipo de alumnado.
2. Persoa Titora
Aarón Bernárdez
Diplomado en Audición e Linguaxe pola Universidade Pontificia de Salamanca, e diplomado en Pedagoxía Terapéutica na Universidade de Vigo
Grao Medio de Canto no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e Grao Superior de Canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo (licenciatura.)
Embaixador Etwinning, Edmodo, Genially, BookCreator e Certificado Symbaloo. Membro galardoado na convocatoria Europeana DSI-4
Formación e formador de maneira continuada no INTEF.
Formador en grupos, congresos, cursos de profesorado, en DUA e eTwinning
3.  Obxectivos
 
O obxectivo xeral do curso está aliñado coa consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 4 referido á educación inclusiva: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos” e que se enmarca dentro da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
Para esta consecución contaremos co seguinte:
 
·      Crear contornas de aprendizaxe accesibles que garantan unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todo o alumnado.
·      Analizar o paradigma educativo da educación inclusiva desde o modelo de apoios, calidade de vida e dos dereitos humanos.
·      Avaliar, eliminar e minimizar as barreiras dos centros educativos.
·      Deseñar propostas curriculares flexibles, abertas e accesibles para todo o alumnado utilizando os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe.
·      Elaborar estratexias educativas para dar unha resposta educativa inclusiva e de calidade a todo o alumnado.
·      Coñecer e utilizar recursos tecnolóxicos que facilitan a aplicación do Deseño Universal para a Aprendizaxe e implantala na aula.
4.  Competencias profesionais do profesorado
 
Tal e como indica o Modelo Competencial da Rede de Formación (CAFI, s.d) os ámbitos da realidade educativa son tres: a aula, o centro e a comunidade. Neste curso centrámonos nas estratexias de aula para dar resposta as Necesidades Educativas Especiais e as Necesidades Especiais de Atención Educativa do alumnado afectado de TEL, con medidas ordinarias de atención á diversidade. Tamén analizaremos o centro e os documentos para logralo. Polo tanto, estamos a traballar as seguintes competencias e subcompetencias:
Competencia: 1. Educador/a e guía no proceso de ensino-aprendizaxe. Subcompetencia: 2. Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin Competencia: 2. Membro dunha organización
Subcompetencia: 5. Orientación pedagóxica, académica e profesional.
 
En relación á subcompetencia 3 considerase que o profesorado deberá saber:
 
[...]Na súa actividade docente, saberá integrar a metodoloxía didáctica en ambientes virtuais de aprendizaxe, ambientes mixtos ou presenciais con apoio TIC. Definirá as necesidades de información, buscándoa, avaliándoa e comunicándoa [...]
Dentro da subcompetencia 5 refírese á capacidade do/a docente de planificar procesos e orientar a práctica educativa do centro para a mellora dos resultados sociais e educativos.
Por iso traballaremos para analizar as barreiras, necesidades do alumnado, e investigaremos para modificar o Currículo e adaptalo para todo o mundo. Estas competencias son as máis destacadas, pero loxicamente tamén tocaremos as 2, 3, 8, 17 e 24 tamén
O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en diferentes formatos: aquí

5.  Contidos
    1.  Cambio no paradigma da educación.
Abordaremos a educación inclusiva, unha mirada diferente e necesaria.
·      Marco teórico e histórico
·      Accesibilidade universal e deseño para todos e sen barreiras, en centros e documentos.
    2.  DUA: redes pautas e puntos
·      Principios, pautas e propostas pedagóxicas do DUA
·      TACS para o Deseño Universal para a Aprendizaxe
    3.  Outras correntes metodolóxicas
 
·      Veremos como inflúen no DUA, o ABP, Taxonomía de Bloom, etc
 
·      Aprenderemos a aplicar DUA a unha actividade

4.  Traballo final
Neste módulo entregarase un proxecto final e avaliaranse as competencias profesionais adquiridas.

6.  Metodoloxía
Os participantes realizarán actividades en liña Aula de Formación Virtual do STEG, orientadas á realización dun produto de aplicación directa no centro educativo.
Para iso, consultarán recursos didácticos e interactuarán entre si e co titor. O curso poñerá ao dispor dos participantes diversos espazos colectivos dixitais entre outros, a rede social Twitter utilizando a etiqueta # DUA_ STEG onde se poderán compartir recursos e información de interese para os participantes.
En canto á metodoloxía deste curso, trátase dunha metodoloxía activa e baseada na idea de aprender facendo. Na formulación do curso e das súas actividades, incídese especialmente no carácter social e conectado da aprendizaxe, polo que se fomentará a xeración de vínculos e comunidades entre os participantes. Unha base de datos e unhas resposta ás actividades de compañeiros/as serán un método de colaboración. Igual que a voluntariedade de facer un glosario.
Neste curso os participantes contarán cun titor que lles proporcionará en todo momento o apoio. Ademais de contar coa axuda do titor, cada participante poderá axudar e colaborar con outros participantes para resolver as dificultades e retos que puidesen xurdir durante o desenvolvemento do curso. Haberá foros de consultas, de incidencias e de colaboración.
Este curso está pensado para seguir unha metodoloxía activa. Como o obxectivo do DUA, o profesor non será un mero transmisor de coñecemento. Procurarase unha avaliación ademais de formativa e sumativa, formadora, na que o alumnado se responsabiliza da súa avaliación proporcionándolle ao docente autorregulación, autoavaliación e reflexión.
As actividades están propostas para realizarse dun xeito autorregulado polo propio participante, aínda que dentro das marxes estipuladas polo cronograma de cada módulo e pola interacción co resto de participantes. As creacións de cada un deben de levar unha licenza.
A información de apoio necesaria para o desenvolvemento do curso atoparase dispoñible en cada módulo, dun xeito dinámico a través de recursos multimedia e as follas de ruta.
7.  Seguimento e desenvolvemento do curso.
O curso estrutúrase en 5 módulos que tentan recoller dun xeito sistematizado as principais dificultades que poden presentar os estudantes con TEL. O curso abrirase o 10 de xaneiro e pecharase o 15 de marzo.
Módulo 0. Presentación inicial.
Módulo 1. Cambio do paradigma da educación
Módulo 2. DUA: redes, pautas e puntos de verificación. TACS Módulo 3. Aplicamos DUA a unha actividade
Módulo 4. Proxecto final DUA
 
Cada un deles posúe unha Folla de ruta que presenta:
 
-       A finalidade do módulo.
 
-       Os medios de comunicación que se van empregar.
 
-       As tarefas que compre desenvolver.
 
A información dispoñible para a súa consulta.
 
Para a realización da Comunicación multidireccional propóñense dous foros, un de Consultas e dúbidas, no que poden propoñerse interrogantes e, no mesmo espazo, achegar solucións, buscando a creación de coñecemento colectivo, onde estarás guiado e tutelado pola titoría.
O segundo foro está destinado máis concretamente a Traballo colaborativo, preténdese con el a achega de material relacionado coa temática tratada en cada módulo por parte dos participantes e o establecemento dun fío de conversación e debate a partir dos mesmos. A participación neste foro é voluntaria e non avaliable.
Teremos unha enquisa inicial para saber dende onde partimos, só para informarme do estado inicial do alumnado, e poder resolver problemas que xurdan.
Cada foro e tarefa estará dispoñible durante o tempo de traballo establecido para cada módulo e deberá completarse durante o mesmo.
Os materiais que configuran a sección Informarse e aprender permiten axustarse ás necesidades particulares de cada participante, segundo o seu nivel de coñecemento do tema, non sendo necesario partir de ningún coñecemento previo. Ademais inclúense seccións de información complementaria e ligazóns para investigar na rede.
A adquisición dos desempeños realizarase dun xeito práctico e non teórico, onde as actividades a realizar son o núcleo central do curso. Por iso, en cada un dos módulos, propóñense unha serie de actividades relacionadas entre si, que permiten a experimentación e a posta en práctica dos contidos propostos e que se deben ir articulando de cara á elaboración, no quinto módulo, dun proxecto final de intervención DUA.
•  Módulo 0: Presentación e actividades iniciais
Destinado a constituír a comunidade de aprendizaxe presentándonos e familiarizándonos coa entorna virtual de desenvolvemento do curso. Haberá unha enquisa para saber os coñecementos previos.
Presentación. De non facela no prazo solicitado, a organización resérvase de dar de baixa á participante e introducir a alguén que está en espera.
Enquisa (non avaliable)
•  Módulo 1: Cambio do paradigma da educación
Realizaremos unha síntese sobre o cambio do paradigma educativo. Realizaremos as actividades: Analizaremos o noso centro/aula coa Proposta de Belinchón.
Mapa de empatía do noso alumno/a DUA (optativo)
 
•  Módulo 2: DUA: redes, pautas e principios
Veremos todo o relacionado co DUA: as redes, pautas, puntos, TACS, etc. As actividades serán:
2.1. Facer un esquema DUA
• Módulo 3: Aplicamos DUA a un exercicio.
Seleccionaremos un recurso en Internet e adaptarémolo ao DUA. Localizaremos as barreiras e procuramos un cambio na forma de realizar a tarefa. As actividades serán:
3.1.  Adaptaremos unha tarefa ou recurso.
 
3.2.  Entrega nunha base de datos
3.3.  Comentar a tarefa dun compañeiro ou dunha compañeira
•  Módulo 4: Proxecto final DUA
Recolleremos nun traballo final DUA o aprendido. Neste traballo aparecerán estándares, obxectivos, actividades, recursos TAC, etc
4.1 Actividade final
4.2.  Avaliación das competencias, que non require entrega.
4.3.  Enquisa de satisfacción
 
4.4.  Compartindo recursos. Esta tarefa é voluntaria.
 
Cadro de temporalización do curso
Módulo 0: Presentación  (1 hora)

Actividade
Datas
0.1
Foro de presentación de participantes
10 a 16 de xaneiro
0.2
Enquisa (non avaliable)

Módulo 1: Cambio do paradigma da educación (5 horas)

Actividade
Datas
 
Foro colaborativo (opcional e non avaliable)
10 ao 23 de xaneiro
1.1.
Proposta Belinchón

1.2.
Mapa de empatía (opcional e non avaliable)

Módulo 2: DUA: redes, pautas e puntos (7 horas)

Actividade
Datas
 
Foro colaborativo (opcional e non avaliable)
24 de xaneiro ao 6
de febreiro
2.1.
Esquema DUA
Módulo 3: Aplicamos DUA (7 horas)

 

Actividade
Datas
 
Foro colaborativo (opcional e non avaliable)
Do 7 ao 20 de febreiro
3.1.
Actividade adaptada

3.2.
Tarefa base de datos

3.3.
Comentar tarefa

Módulo 4: Aplicamos DUA (10 horas)

Actividade
Datas
4.1.
Proxecto final
Do 21 de febreiro ao 10 de marzo
4.2.
Avaliación das competencias adquiridas (non require entrega)

4.3.
Compartir tarefas (opcional e non avaliable)

4.4.
Compartir proxecto (opcional e non avaliable)

4.5.
Enquisa final (opcional e non avaliable)

8.  Comunicación coas persoas titoras e outros participantes
Existen dúas opcións de comunicación coa túa persoa titora:
1)    A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de novas. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as túas intervencións no foro.
2)    A través do sistema de mensaxeira interna da plataforma. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre ti e o teu comunicante, xa sexa a titoría ou calquera persoa participante.
9.  Avaliación
As tarefas amosan na súa descrición os pasos para realizalas, as evidencias de adquisición dos desempeños, os indicadores de logro e os criterios de cualificación e o peso da tarefa na cualificación final do curso. Os desempeños avaliaranse empregando grellas de corrección.
Ao longo do curso practicarase nun primeiro momento unha avaliación inicial, no módulo un, e durante o desenvolvemento dos tres módulos específicos, unha avaliación procesual para axudar a cada participante na resolución das súas dificultades. Ademais, fomentarase a autoavaliación a través dos indicadores de logro e os criterios de corrección especificados en cada tarefa. As tarefas desenvolvidas de cara á realización do proxecto final serán avaliadas pola titoría, heteroavaliación.
A avaliación sumativa realizarase ao longo do curso e a través do proxecto final. Aquelas tarefas nas que non se acade a puntuación máxima segundo os indicadores de logro e os criterios de corrección, poden ser reenviadas varias veces, sempre dentro das datas asignadas ao módulo, que figuran nesta Guía. Se son enviadas fóra de prazo pode perderase o dereito a revisión e recualificación. Por iso é importante non esgotar os prazos para os envíos das tarefas. Tamén será formativa, onde o alumnado recada información sobre o progreso de aprendizaxe coa finalidade de tomar decisións para axudarlle a mellorar. Neste curso tamén será formadora, na que o alumnado se responsabiliza da súa avaliación proporcionándolle ao docente autorregulación, autoavaliación e reflexión.
O cualificador do curso contemplará que a cualificación das tarefas dos módulos específicos supoñan o 80% da cualificación final, mentres que o cuarto módulo aporte o 20% restante a través da avaliación final das subcompetencias profesionais, mediante a escala: Inexistente / iniciada / En proceso / Conseguida / Excelente.
Avaliación das tarefas
Na Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación do profesorado de Galicia (DOG número 96 do 22 de maio de 2013) indícase no seu capítulo V, artigo 23, que “nas actividades de formación en rede será indispensable para obter a certificación a avaliación positiva do 80 % do peso das tarefas propostas, así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso de que as houbese.
 
Nome da tarefa
Ponderación
Puntos
Avaliación
Módulo 0: Presentación
0.1.      Foro de presentación de participantes
0%
-
Pres/NP
Total
0%
Módulo 1: Cambio do paradigma da educación
Foro colaborativo (opcional e non cualifica)
0%
-
-
1.1.      Proposta Belinchón
10%
10
Guía de c.
1.2.      Mapa de empatía (opcional e non cualifica)
0%
-
-
Total
10%
Módulo 2: DUA: redes, pautas e puntos
Foro colaborativo (opcional e non cualifica)
0%
-
-
2.1. Esquema DUA
10%
10
Guía de c.
Total
10%
Módulo 3: Aplicamos DUA
Foro colaborativo (opcional e non cualifica)
0%
-
-
3.1. Entrega actividade adaptada
10%
10
Guía de c.
3.2. Entregar tarefa base datos
10%
10
Guía de c.
3.3.Comentar tarefa
10%
10
Guía de c.
Total
30%
Módulo 3: Aplicamos DUA
Foro colaborativo (opcional e non cualifica)
 
 
 
3.1. Traballo final
30%
30
Grella
3.2. Avaliación de competencias
20%
20
Escala
3.3. Compartir tarefas (opcional e non cualifica)
0%
-
-
3.4. Compartir proxecto (opcional e non cualifica)
0%
-
-
Total
50%
Puntuación total
100
 
IMPORTANTE: Recorda que para certificar hai que acadar un 80% da puntuación. Unha vez acadado un mínimo do 80% poderase certificar as 30 horas do curso.

10.  Transferencia e impacto nas aulas
Como consecuencia do seguimento e aproveitamento deste curso deberían producirse as seguintes transferencias:
·      As persoas participantes serán quen de identificar as necesidades do alumnado e barreiras no currículo.
·      Poderán elaborar estratexias de intervención na aula, adaptando materiais e prácticas educativas dentro do marco DUA.
11.  Requirimentos para seguir o curso
Non se require moito coñecemento previo máis que o preciso de manexar un moodle.
Estaría ben saber manexarse un pouco dixitalmente para facer algunhas tarefas de maneira motivadora e visual. Porén se alguén non se manexa ou prefire, poderá entregar tarefas a man debuxadas escaneadas ou en texto.
As terefas deben de ser entregadas no prazo.
O comportamento no curso co seu cumprimento de conduta da netiqueta é fundamental.
 
12.  Protocolo para participar nos cursos homologados
 
Os cursos ofertados e polo sindicato STEG e homologados pola Consellería, contribuirán ao desenvolvemento das competencias profesionais docentes establecidas pola Rede de Formación do profesorado galego. A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase ORDE do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.
Os participantes nestes cursos guiaranse polo seguinte Protocolo:
 
1.  As persoas participantes nunha actividade de formación en rede deberán realizar a súa presentación obrigatoria no foro destinado para tal fin, na aula virtual do curso, no prazo indicado pola coordinación da actividade. A non comparecencia na dita presentación ou o abandono da actividade sen causa xustificada suporá a baixa na actividade e considerarase non presentada cos efectos do establecido no parágrafo anterior para as actividades presenciais.
2.  A coordinación do curso é a encargada das cuestións administrativas do curso tales como a súa apertura e peche, baixas de participantes, atender en segunda instancia as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas mentres o curso estea aberto e calquera outra de índole organizativo ou de certificación.
3.  A titoría encárgase de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas nos foros do curso ou por mensaxeira interna, revisar e cualificar as tarefas, atender en primeira instancia as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas.
4.  O día da apertura do curso recibirá a mensaxe de apertura da persoa coordinadora do curso na que atopará a ligazón ao curso. Recibirá tamén a mensaxe de benvida da persoa titora coas primeiras instrucións para comezar o curso.
5.  As comunicacións dos participantes coa coordinación ou coa titoría do curso realizarase a través dos foros de consultas e dúbidas do curso. En caso de necesitar algunha comunicación que non se considere que se deba compartir en tales espazos públicos, cando fale de situacións persoais ou privadas, utilizarase a mensaxeira interna do curso. Cando xurdan dúbidas ou problemas consultaranse os foros de consultas e dúbidas do tema correspondente. No caso de non atopar resposta ou solución engadirase un fío novo poñendo un título significativo, evitando títulos xenéricos, describindo a dúbida ou o problema con todos os datos necesarios. A titoría responderá por ese mesmo medio nun prazo máximo de 48 horas, salvo en fins de semana, festivos, vacacións. Os participantes poden, e deben, axudarse entre eles polo que calquera participante poderá responder as dúbidas ou problemas formulados polos compañeiros e compañeiras.
6.  As intervencións en foros, e en xeral no curso, deben ser respectuosas co resto dos participantes. As comunicacións nos espazos públicos da aula virtual deberán ser orientadas á formación nas competencias obxecto do curso, e non se empregarán como medio de difusión de cuestións persoais, alleas á materia do curso.
 7.  Envío, avaliación e cualificación das tarefas.
a.  As tarefas cualificables deben entregarse nos prazos establecidos na Guía do curso.
b.  Se despois da primeira avaliación e cualificación pola titoría non se acadase a máxima puntuación, poderase reenviar ata en dúas ocasións máis para revisala, mellorala, completala … seguindo as indicacións da titoría. Estes tres envíos realizaranse dentro do prazo asignado ao módulo correspondente; para facilitar isto evitarase o envío de tarefas nos últimos días dos prazos dos módulos e posibilitar, se procedese, o seu reenvío dentro do seu prazo.
c.  Unha vez rematado o prazo e se non se tivesen esgotados os tres envíos, poderase enviar unha vez durante a seguinte semana ao remate do módulo correspondente, sen posibilidade de novos reenvíos, salvo que a titoría o permita por non ter podido revisala no seu prazo debido á acumulación de tarefas para revisar coincidindo co final do módulo.
d.  Chegados ao final do curso a titoría poderá permitir o reenvío excepcional de tarefas que sumen un 10 % de puntuación total aos participantes que acumulen o 70 % sen chegar ao 80 % do total das puntuacións e deste xeito poder chegar á puntuación mínima para certificar a formación.
8.  Se no curso se realizasen tarefas, actividades, traballos... en grupos colaborativos atenderase aos prazos sinalados e colaborarase cos participantes do grupo para non prexudicar a ninguén.
9.  As tarefas e actividades presentadas deberán ser orixinais. De detectárense tarefas plaxiadas anularanse e perderase a súa puntuación correspondente a elas. No caso de que dúas ou máis persoas presentasen a mesma tarefa a sanción aplicarase a todas elas.
10.  Reclamación das cualificacións das tarefas
 
a.  Cando un participante estime que unha cualificación recibida nunha das tarefas avaliables do curso ou no proxecto final non se axusta ao establecido nas especificacións do curso poderá solicitar a súa revisión mediante un correo electrónico dirixido á persoa titora no que xustificará o motivo.
b.  Recibirá a resolución da revisión mediante correo electrónico da titoría ratificando ou rectificando.
 
11.  O curso, tras o seu remate, permanecerá accesible aos participantes durante o curso escolar de celebración.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal