Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2021/2022
Aproximación á escalada na escola: proposta educativa, alternativa e de superación.
Matriculación:   Folla de inscrición

ligazón ao formulario de matrícula:
https://docs.google.com/forms/d/1P1pf9oWDyAhB54nfkcoQhCT3a_69TydGt5sgXOGZv8g/viewform?edit_requested=true


Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente na web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de  ABANCA: ES41 2080 5355 6330 4003 7132, consignando como concepto: “Matrícula APROXIMACION Á ESCALADA NA ESCOLA”. O prazo de inscrición pecharase o 11 DE FEBREIRO.
Poñede coma provincia de celebración do curso Coruña.

*Máis información no 981154031 e en corunha@steg.gal

Aproximación á escalada na escola: proposta educativa, alternativa e de superación.

Descrición do curso
A escalada fomenta a concentración, a forza e coordinación, a elasticidad, a superación, cualidades moi positivas para o alumnado, e tamén o profesorado. A súa práctica mellora a forma física e mental, pero tamén pon de manifestó a importancia do traballo colaborativo.
Ata ben fai pouco, as actividades no medio natural e escalada, e as manobras asociadas ás mesmas, tiñan unha consideración de risco non controlado e atrevemento. Na actualidade, impulsado pola coxuntura social e deportiva, existe unha crecente oferta de centros que están achegando esta modalidade á ciudadanía. De xeito simultáneo, tamén se están redescubrindo todas as potencialidade como actividade física con posibilidades educativas, considerando que encaixa curricularmente, como “coñecemento da contorna” (EI), en “habilidades e destrezas” (EP), e mesmo parte das “actividades no medio natural” (ESO), nas diferentes etapas escolares.
Cada un dos seus aprendizaxes e técnicas, teñen que ser plantexadas desde a perspectiva menos costosa e segura, tanto nas súas medidas como no tempo de accesibilidade ao alumnado e profesorado non especialista.
Este curso pretende formar ao profesorado nunha actividade coñecida de fai tempo pero que está en auxe, reforzada a través de propostas deportivas e instalacións que poñen de manifesto os seus beneficios.
O curso está dirixido a docentes de todos os niveis educativos que desexen iniciarse tanto na súa práctica como nas súas aplicacións educativas.

Docentes

Jaime Larriet Gancedo
* Graduado en Ciencias de la Actividad Física e o Deporte.
* Técnico deportivo en montaña e escalada Nivel 2
* Integrante do Equipo Gallego de Alpinismo
* Experiencia como Adestrador e Profesor de escalada.


Félix Criado Alonso
* Técnico Deportivo en Escalada.
* Técnico Deportivo en Alta Montaña.
* Profesor de la escuela de alta montaña Galega e Española.
* Alpinista con máis de 40 anos de experiencia


Obxectivos
* Dar a coñecer os distintos tipos de escalada.
* Marcar os obxectivos e contidos para un traballo progresivo
* Montar e desmontar unha instalación
* Sensibilizar do risco inherente da escalada e as súas instalacións.
* Experimentar a práctica da escalada
* Ensinar as habilidades básicas e recursos xestuais da escalada.
* Coñecer os elementos de seguridade

Contidos
* Un pouco de historia, os seus orixes e modalidades.
* Marco educativo e curricular onde se enmarca as habilidades de trepa e a escalada.
* Instalacións e materiais: espaldeiras, cordas, rocódromos, paredes, cordas, mosquetóns…
* Montaxe e mantemento de instalacións e rocódromo.
* Recurso do centro para impartir escalada.
* As capacidades e aptitudes a potenciar na trepa.
* Aspectos    psicolóxicos    da    escalada:    medo,    toda    de    decisión, confianza.
* Riscos e perigos inherentes á actividade e como evitalos.
* Cobertura de responsabilidades.
* Técnicas: equilibrio, apoios, agarres e presas, nudos, descenso e criterios de seguridade.
* Práctica da escalada en rocódromo
* Recursos xestuais básicos da escalada.
* Técnica de asegurar e escalar sin risco.

Temporalización
As 20 horas do curso quedan plantexadas da seguinte maneira: formación presencial os días 18 e 19 de febreiro de 2022 (15 horas), completándose a formación a través da aula virtual con traballo autónomo (5 horas para lecturas complementarias e avaliación) entre o 19-25 de febreiro.
* Sesión 1 presencial (16:00-21:00 h): presentación, toma de contacto con material e paredes da instalación, contidos teóricos e normativos.
* Sesión 2 presencial (09:00-14:00/15:00-20:00): prácticas e xogos de escalada en diferentes instalacións (sala indoor/rocódromo)

Metodoloxía e orientacións pedagóxicas
Considerando a peculiaridade da actividade a tratar, así como o riscos para a práctica, empregaranse técnicas de mando directo naquelas situación donde o control sexa máis complexo, deixando tamén oportunidade para a asignación de tarefas e metodoloxía de resolución de problemas cando non
exista esta necesidade. Asemade outras metodoloxías aplicadas ao curso serán a exposición participativas e os grupos de traballo cooperativo.

Recursos
O xeito máis oportuno de introducir as actividades de escalada nun centro educativo parte das propias posibilidades materiais e arquitectónicas, debendo pois de trasladar toda a información necesaria cando se trate dun proxecto ou dunha instalación xa consolidada, pois vai influir no proceso pedagóxico como na súa xestión. Empregaranse materiais didácticos tales como presentación dixitais e videos, materiais propios (cordas, arneses, mosquetóns…), e tamén exemplos con aqueles máis básicos (bancos, colchonetas…).

Este curso vaise impartir en dúas instalacións na cidade da Coruña (sala indoor e rocódromo), que contan coas medidas de seguridade sanitaria e integral necesarias, e permiten que se poida traballar de xeito simultáneo, conmaior control da continxencia, e facilitan as explicacións e control técnico.

Criterios de avaliación
Alumnado:
* Participación, interese e asimilación dos contidos e actividades
* Proba de coñecementos. Formación:
    * Valoración da aplicación e repercusión dos contidos do curso na práctica educativa.
    * Valoración da metodoloxía empregada.

    * Grao de satisfacción do grupo coa formación recibida.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal