Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Comunicado do STEG
DÍA MUNDIAL DA DOCENTE 2021: A MELLOR HOMENAXE A QUEN NOS DEIXE SERÁ QUE AS ADMINISTRACIÓNS EDUCATIVAS MELLOREN AS CONDICIÓNS LABORAIS DO PROFESORADO

Mañá martes, día 5 de outubro, como todos os anos celébrase o Día mundial da docente. Celebrado anualmente nesa data dende 1994, o Día Mundial das/dos Docentes conmemora o aniversario da subscrición da Recomendación da OIT e a UNESCO relativa á Situación do Persoal Docente (1966). Este ano, a Internacional da Educación quere adicar este día para honrar o gran número de vítimas que a pandemia provocou entre o profesorado de todo o mundo. Malia o silencio oficial que se mantivo respecto ao profesorado que faleceu por causas relacionadas co Coronavirus, tamén temos que lamentar varias mortes por esta causa en diferentes lugares do Estado: José Antonio, profesor do IES Domingo Miral de Jaca (Huesca); María Adela do IES Pai Feijoo de Xixón; Sonia, profesora do IES Canigó de de Almacelles (Lleida); Mario do IES Universidade laboral de Toledo perderon a vida ao longo do curso pasado, no que todo o profesorado, no seu conxunto, realizou un exercicio de esforzo, superación e valentía, pagando un alto prezo en forma de contaxios -contabilizáronse máis de 25.000 positivos por COVID de docentes nos nove meses de curso-, enfermidades e falecementos.


Non é agora o momento de lembrar as medidas sanitarias que se pediron no seu momento aos responsábeis educativos. É o momento de agradecer o esforzo realizado e, tamén, de que a Consellerías de Educación dea ese paso en favor do ensino e das súas educadoras e os seus educadores que, a miúdo utilizan como reclamo político, e que se traduza, dunha vez por todas, en feitos concretos:

- Baixada de ratios
- Redución do horario lectivo ata un máximo de 23 horas en Infantil e Primaria e 18 en Secundaria e resto de ensinanzas, modificando a lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e o ensino no ámbito da educación non universitaria da anterior ministra Celaá, que non se traduciu na recuperación das condicións laborais previas aos recortes de 2.012
-Recoñecemento ao conxunto do profesorado que imparte Formación Profesional, incluíndo todos os seus integrantes nun só corpo con nivel A1.
-Melloras salariais que axuden a compensar a perda de poder adquisitivo sufrida entre os anos 2010 a 2018.
-Estabilidade de todo o profesorado e continuidade nos contratos, de maneira que estes abarquen, en todos os casos, o ano completo, desde o 1 de setembro ao 31 de agosto


“O profesorado non pode seguir estando sobrecargado de traballo, infravalorado e mal remunerado. Para unha mellor reconstrución do mundo é preciso apoiar o profesorado e empoderalo para que lidere a recuperación da educación. Aproveitaremos esta oportunidade para solicitar aos Gobernos que invistan no profesorado e que traballen para mellorar a súa situación e as súas condicións laborais” proclama a Internacional da Educación neste 5 de outubro, día do docente. Ademais, estableceu como tema/slogan para 2021 "o profesorado no corazón da recuperación educativa". O tema/slogan fai fincapé en que o mundo necesita desesperadamente as e os docentes. Por mor da pandemia, é probábel que a escaseza mundial de docentes se dispare debido a que moitos e moitas faleceron a causa do virus, mentres que outros e outras abandonaron ou teñen previsto abandonar a profesión.

-documento en pdf



    COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG


                                          5 DE OUTUBRO DE 2021
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal