Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2020-2021
O ministro Iceta leva ao Consello de Ministros un acordo que non respecta as directrices europeas

 

O ministro Iceta leva ao Consello de Ministros un acordo que non respecta as directrices europeas, creará fortes problemas nos servizos públicos e foi elaborado ás costas da maioría dos representantes das persoas afectadas.

No día de hoxe, o Ministro de Política Territorial e Función Pública chegou a un acordo no seo da Mesa da Función Pública para a modificación do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), que será a base dunha Real Decreto Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que será aprobado previsiblemente mañá polo Consello de Ministros.

O acordo non pode ser máis decepcionante. Nin se recoñece a responsabilidade que ten o conxunto das Administracións Públicas na xénese do problema da temporalidade nas mesmas, nin as medidas sancionadoras do abuso de temporalidade (as compensacións económicas que se ditan) son suficientes, nin moito menos podemos compartir que a solución para reducir as taxas de temporalidade ao 8% fágase mediante procesos de estabilización do emprego, procesos nos que o que se estabilizan son as prazas, pero non as persoas interinas que viñan ocupándoas en situación de abuso de temporalidade.

Nunca poderemos defender que sexa unha solución para o persoal interino o despedimento cunha compensación económica; pero é que esta, ademais de ser unha contía pequena e moi inferior á inicialmente coñecida (no borrador inicial establecíase que sería de 33 días por ano traballado, cun máximo de dúas anualidades, para quedar definitivamente fixado en 20 días, cun máximo dunha anualidade) abre un panorama laboral especialmente difícil para moitos compañeiros e compañeiras que máis anos levan traballando en situación de abuso de temporalidade.

A reforma que establece este proxecto de Real Decreto-lei nega a posibilidade de calquera solución excepcional ao problema da interinidade. Ao obrigar a ofertas masivas de emprego público, baseadas en sistemas selectivos polo único procedemento do concurso-oposición, pecha a porta a medidas excepcionais e transitorias como as que se apuntan, se se desenvolvesen correctamente, no artigo 61.6 do propio TREBEP; por non falar doutros posibles mecanismos de estabilización (das persoas) que nin sequera parecen ser explorados polo Ministerio e os sindicatos asinantes.

Por último, e con independencia de que rexeitemos frontalmente esta reforma, nin sequera compartimos que o obxectivo de reducir as taxas de temporalidade por baixo do 8% en todas as Administracións se vaia a conseguir con este real decreto-lei. Nalgunhas delas, como é o caso da educativa, e polo carácter cambiante e flexible que ten que ter o sistema educativo, vemos que orixinará problemas serios. Moitas Administracións, como pode ser a educativa, optarán, antes que cargarse dun volume difícil de xestionar de funcionarios de carreira, por outras fórmulas que crearán maior precariedade. Ademais as administracións expulsarán do sistema a decenas ou centenares de miles de persoas interinas cunha experiencia e unha cualificación profesional demostrada, o que non fará senón socavar a calidade duns servizos públicos que con estas persoas que agora poden perder o seu posto de traballo, alcanzou niveis de excelencia demostrada en sanidade, educación, servizos sociais, administracións locais, …etc.

Non é tampouco menos importante con quen e onde se alcanzou este acordo. A Mesa Xeral da Función Pública está constituída pola representación do funcionariado da administración xeral. Nela non está a representación de docentes, sanitarios, administracións locais… Dito doutra maneira, dos 800.00 interinos e interinas que se verán afectados por esta reforma, só 40.000 elixiron aos representantes que agora asinan este acordo. O 95% restante non tivo a oportunidade de que a súa representación sexa escoitada. Con este panorama, non é difícil imaxinar que a conflitividade vai aumentar nos próximos meses e as mobilizacións que este colectivo vén levando a cabo nos últimos tempos, incrementaranse.

Resúltanos moi duro aceptar que un goberno que se di progresista poida lexislar desta maneira en contra dos seus traballadores. Non só vai menoscabar o prestixio dos servizos públicos, senón que nos aboca a unha situación de conflitividade que a ninguén beneficia. É, nestes momentos, cando se demostra para quen se goberna e, neste caso, é evidente que non é para as traballadoras e traballadores a quen se vai a mandar ao paro, nin para o público.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal