Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
"POLA DIVERSIDADE" Comunicado do STEG e da Confederación Intersindical
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS: POLA DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

Hoxe, 26 de setembro, o Consello de Europa organiza un ano máis o Día Europeo das Linguas, que ten como obxectivos xerais destacar a importancia da aprendizaxe das linguas, incrementar o plurilingüismo e promover a diversidade lingüística como unha auténtica riqueza cultural. En Europa fálanse máis de 200 linguas. Esta realidade, que debera valorarse e recoñecerse como un verdadeiro tesouro, mostra con todo sombras abondo: é evidente que non todas as linguas reciben o mesmo trato, nin gozan do mesmo status. Mentres que o Consello de Europa sinala claramente que “a riqueza e a diversidade lingüística europea debe ser preservada e reforzada”, en estados como o español non existe un pleno recoñecemento das linguas cooficiais nin hai un respecto ás linguas minorizadas. A preponderancia do castelán sobre o resto de linguas faladas no estado -e mesmo sobre as modalidades lingüísticas do propio castelán- é absolutamente humillante en calquera dos ámbitos da vida, desde a educación aos medios de comunicación, estando sometidas o resto de linguas a unha constante presión que en ocasións pode poñer en risco a súa propia pervivencia, en contra do acordado en distintos foros internacionais en canto á diversidade lingüística, cultural e identitaria. Achicar a unhas linguas fronte a outras non é senón secuestrar a diversidade e optar polo desprezo fronte á convivencia. Sen dúbida, a diversidade de linguas -tanto en Europa como na Galiza e no estado español- debe ser un patrimonio valorado por todas as persoas e institucións, eliminado toda contaminación empobrecedora a nivel cultural, así como superando os prexuízos centralizadores que só serven para ir abeirando cada vez máis a riquísima diversidade da que formamos parte.

No noso país, a lingua galega vive unha situación verdadeiramente dramática, á luz dos últimos informes realizados ao respecto do seu uso e coñecemento, especialmente nos núcleos urbanos, onde practicamente o seu uso na etapa da educación infantil é nulo. Esta deriva, alimentada ao longo dos anos dende a entrada en vigor do Decreto de Plurilingüismo -coa chegada á Xunta de Feijóo, constitúe unha irresponsabilidade política. É deber da Xunta e da súa Consellería garantir o uso e coñecemento da lingua propia do país, pois cada lingua é un xeito único de estar no mundo e de nomealo e constitúe tamén un legado sociocultural de enorme valor para a cidadanía. A aprendizaxe das linguas na escola debe ter lugar dende unha perspectiva ecolóxica e non predadora e neoliberal, de xeito que pondere as linguas minorizadas sobre as que non corren risco ningún de desaparecer, tal é o caso do castelán ou o inglés. Para isto, cómpre mudar a actual lexislación ao respecto, desenvolver políticas verdadeiramente normalizadoras e investir na normalización lingüística, ao contrario do que se está a facer -os orzamentos á "dinamización" lingüística reducíronse nun 70% dende 2010-. Só así poderemos garantir a pervivencia dun dos elementos que nos define como persoas e como sociedade.

-documento en pdf

                                                   Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG e Confederación Intersindical

26 setembro 2019


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal