Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
ENSINA PORTUGUÉS
ENSINA PORTUGUÉS


Sabías que:

•    O portugués axúdanos a recuperar léxico e estruturas pouco empregadas ou substituídas por castelanismos, polo que o seu estudo vén dignificar o noso idioma mostrándonos a súa grande utilidade e rendemento?

•    O portugués é a 5ª lingua máis falada no mundo, oficial en 9 países, nos 5 continentes e nas comunidades lusófonas emigradas, con máis de 250 millóns de falantes?

•    O galego e o portugués eran a mesma lingua, nacida no territorio da antiga Gallaecia romana?

•    O pobo galego é o máis capacitado de toda Europa para alcanzarmos un maior progreso neste idioma en menos tempo de aprendizaxe?

•    A facilidade e rapidez con que unha persoa na Galiza aprende portugués é un estímulo para o estudo? Con esforzo e tempo menores dos empregados noutras linguas, conseguimos coñecementos suficientes para nos comunicar e para obter certificados oficiais.

•    O teu alumnado pode escoller portugués nas probas ABAU (RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019) como Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais?

•    Actualmente, o portugués é ofertado en 60 dos 341 centros de Galiza e máis de 130.000 alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato no ensino público?

•    Apenas se destinaron 0,29% das vacantes que se ofertan neste ano nas oposicións ao Portugués como Lingua Estranxeira e en Primaria non sacaron ningunha vacante fronte ás 70 para francés?

Desde o STEG solicitamos en colaboración coa Associação de Docentes de Português na Galiza:

•    A implementación real do ensino de portugués en todos os niveis educativos como primeira e segunda lingua estranxeira
•    A creación de materias de libre configuración autonómica de Cultura e Historia Portuguesas
•    A creación de seccións bilingües en portugués na Formación Profesional dada a nosa facilidade para aprender este idioma.
•    A creación de prazas específicas para o profesorado de portugués en todos os niveis educativos e na EOI.
•    Formación para aquel profesorado que manifeste a intención de implementar o idioma no seu centro educativo e teña a titulación esixida.
•    A esixencia de que o profesorado substituto cumpra os mínimos de coñecemento do idioma á hora de substituír tanto nas EOI como no ensino obrigatorio ou non obrigatorio.
•    A erradicación das empresas privadas na certificación de nivel de linguas, programas Piale, actividades extraescolares, etc. pois para iso temos un profesorado perfectamente cualificado nas nosas EOI.
•    A formación desde as EOI para a preparación das probas de nivel.
•    A implementación da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida como a Lei Paz Andrade a través de decretos e ordes que garantan a súa materialización, que non quede só en papel e o  correspondente seguimento anual de que se está a cumprir.
•    Que na oferta e cobertura de prazas docentes, tanto no Concurso Xeral de Traslados como no CAPD, apareza o perfil de portugués.
•    Que se vele pola calidade no ensino da lingua portuguesa na Galiza para que este sexa efectivo e que se é necesario se fagan probas lingüísticas ás persoas que integren as listas de substitucións para garantir a capacitación.
•    Que se regularicen as situacións nos centros en que se imparte portugués creándose os correspondentes departamentos da especialidade.

Animámosvos:
•    A que implementedes o ensino do portugués en todos os niveis educativos nos vosos centros de traballo
•    A que cursedes este idioma na EOI como mínimo ata acadar o nivel B2, para visibilizar o aumento da demanda e para acadar 0,5 puntos na fase de concurso nas oposicións e 2 puntos no concurso xeral de traslados.
•    A que animedes ao voso alumando a estudar esa especialidade ao facer as peticións das optativas do próximo curso escolar, tanto en primaria como en secundaria.
•    A que vos poñades en contacto co STEG se queredes ampliar a información ao respecto, ou se queredes implementar o ensino do portugués nos vosos centros


 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal