Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG abre un proceso de consulta entre a súa afiliación para facer achegas
O STEG vén de abrir un proceso de consulta entre a súa afiliación para incorporar achegas e suxerencias ao proxecto de Orde de titulacións requeridas para formar parte das listas de interinidades e substitucións.

Onte, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu á información pública o proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O enlace para consultar o texto de cada corpo e acceder á información é este:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27377

A través do Portal de Transparencia da Xunta de Galicia poderán facerse as achegas ao dito proxecto dende o día 27 de marzo ata o 16 de abril de 2019.

Podedes acceder a través do seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

O sindicato confórmano a acción e a opinión de cada unha de nós e de vós e depende da participación da súa afiliación, por iso vos convidamos a que participedes tamén nesta cuestión.

Agardando que a información sexa do voso interese e agardando poder contar coas vosas achegas, recibide un saúdo, quedando á vosa disposición, atentamente,

STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal