Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2018-2019
O mercadeo da Consellería ao xeito de Shylock
Ante a tardanza en coñecer as vacantes de Secundaria do CXT, puxémonos en contacto coa Subdirección Xeral de Centros e RRHH. Ante a nosa sorpresa, o subdirector informounos de que nesta ocasión, na Mesa Sectorial acordouse “a constitución dunha comisión técnica que negociará as vacantes en servizos centrais. Da comisión formarán parte as organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial e persoal da subdirección xeral de recursos humanos”.

No STEG non temos palabras para expresar o noso desacordo con esa medida e a nosa decepción coas organizacións que consentiron levala adiante, ou si; non somos lectoras moi atentas de Shakespeare pero ao ver este modus operandi da Consellería veunos á cabeza Shylock, o Mercader de Venecia, que concedía préstamos con intereses exorbitantes. O déficit democrático deste proceder non é un interés pequeno. Preferimos non facer o símil para os personaxes de Antonio e Bassanio.

Dunha banda, non concordamos con este afán centralizador da Consellería; que non fai outra cousa que prexudicar aos centros educativos, xa que é imposible que en San Caetano poidan coñecer a realidade dos mesmos de primeira man, tal e coma si sucede nas Xuntas de Persoal de cada provincia.
Doutra banda, resúltanos bastante opaco o xeito de tratar este asunto, xa que se está a restrinxir a pluralidade sindical e réstanselle atribucións ás Inspeccións Provinciais; esta merma no manexo da información podería facer pensar que o obxectivo non fose outro có mercadeo de favores a cambio de prebendas con intencións electoralistas.

Queremos confiar tamén e confiamos no bo facer e na boa fe das compañeiras e compañeiros das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial, pero obxectivamente non vemos ningunha vantaxe para o profesorado nin para a mellora do ensino público coa aplicación deste novo criterio de funcionamento respecto ao que se viña facendo en todos os cursos anteriores.

-É unha concepción centralista da política educativa.
-É unha medida que resta funcionamento democrático.
-É unha medida que baleira de contidos as Xuntas de Persoal provinciais.

En último termo -e respectando a discrecionalidade con que os centros de secundaria viñan deseñando a oferta das vacantes baixo a supervisión das Inspeccións Provinciais-, impídese de facto que sobre ese taboleiro, as organizacións sindicais de cada provincia poidan realizar as precisións que xulguen oportunas en colaboración tamén cos propios centros.

Reclamámoslle á Consellería que reverta esta medida, que mingua a acción sindical, e vai contra a atención pormenorizada ás necesidades dos centros e contra a calidade do ensino público.

Igualmente, solicitámoslles ás organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial que non consintan esta medida -é pan para hoxe e fame para mañá-.
No STEG consideramos que a pluralidade sindical debe conducir a sinerxias que fagan do total algo maior cá suma das partes, non a competir por ver que sindicato é quen de lle sacar máis prazas á Administración.
-documento en pdf



        COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
                        4 DE FEBREIRO DE 2019
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal