Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2018-2019
O discreto encanto da 'normalidade'

O presente curso botou a andar e á Consellería de Feijóo faltoulle tempo para anunciar nos medios de comunicación -algúns, por certo, moi ben subvencionados polo actual goberno da Xunta- que “o actual curso comezou con total normalidade”.

Dende o STEG agradecemos este acto de sinceridade, o de observar o que acontece no ensino e xulgalo como “normal”. Porén, neste acto de sinceridade reside un dos problemas máis graves que ten a escola pública no noso país: concluír que as graves deficiencias, agresións e anomalías que está a padecer o ensino público poidan ser consideradas como normais, é dicir, non pasa nada; é dicir, querer inducir a cegueira á cidadanía ademais de padecela.

O STEG non comparte este optimismo panglassiano que amosa a Consellería. Como cada comezo de curso co goberno do PP na Galiza, isto significou para os centros públicos de ensino do noso país novos problemas, repetición dos que xa había, máis recortes, menos profesorado e por tanto unha maior precariedade nun eido fundamental para a nosa vida en sociedade. Neste contexto, para o STEG resulta fundamental, en primeiro lugar, incidir na necesidade de reverter as políticas educativas que vimos padecendo dende hai un lustro e fronte ás cales agora puidese tomar outro rumbo (alomenos no Estado) a nova maioría parlamentaria.

Así, é urxente poñerlle fin á política de recortes que se iniciou coa crise económica, e que acadou o seu momento álxido con varios puntos dos reais decretos do 2012 que aínda continúan en vigor (malia que algúns outros xa foron derrogados). Esta reivindicación, pola que veu loitando toda a comunidade educativa nos últimos anos, cobra este curso unha nova dimensión por este cambio de goberno, que debera traducirse noutras políticas alternativas ás realizadas polo anterior do Partido Popular.

Para o STEG, o curso que acaba de botar a andar ten que ser o curso en que, canda á demanda xeral de aumento do investimento público educativo, se recupere o poder adquisitivo das traballadoras e traballadores do ensino e as condicións de traballo que había antes dos decretos referidos: diminuír o horario lectivo do profesorado; acabar co abuso das ratios escolares e restablecer as condicións que tiñan as/os ensinantes maiores de 55 anos, medidas todas elas que facilitarían un aumento dos persoais docentes; así mesmo, mellorar os permisos e licenzas, acabar coas penalizacións económicas polas baixas médicas e cumprir con rigor as normativas sobre saúde laboral, que son outras reivindicacións fundamentais.

Ademais, debemos sinalar as graves problemáticas do país, iso que a Consellería xulga normal:

- o peche das escolas do rural, ao que debemos sumar a non optatividade nos seus centros de secundaria coa escusa da escasa demanda, debilitando aínda máis un eido especialmente castigado por esta crise/estafa e polos actuais modelos de crecemento.
- a deficiente xestión do transporte en xeral e e do transporte integrado en particular, non podendo asignar paradas para o novo alumnado de forma oficial, quedando sen cobertura legal de ningún tipo en caso de accidente.

- a rocambolesca situación das cafetarías dos centros públicos de ensino; por riba do nefasto do proceso de adxudicación, estase a liquidar a súa función educativa e fundamental tamén para a convivencia dos centros. Así, este curso significa a volta de torca definitiva, prescindindo do criterio dos centros no proceso de adxudicación e na formulación do prego de condicións, que ocasionará o empobrecemento do comercio da contorna, pasando a xestión das mesmas a mans dos grandes grupos de hostalaría, como xa acontece cos comedores. Non menos grave é á burocracia necesaria para aspirar á concesión, sen pensar nos pequenos comerciantes. Esta política só fomentará máis subemprego e empeoramento do servizo.    

- nesta liña, a deriva da xestión indirecta dos comedores escolares, moitos deles nas mans de empresas privadas radicadas a centos de quilómetros do país, sendo o caso máis sintomático agora o de GESCOR, empresa radicada en Salamanca que presenta graves deficiencias por toda a nosa xeografía alí onde opera: importantes débedas con empregadas de comedor, con provedores e profesionais de prestación de servizos, denuncias de carencias alimentarias, reiteración de ingredientes e cobros irregulares das cotas ás familias do alumnado, transporte en taxi dos menús…

- o recorte brutal do profesorado, que minguou en case mil cincocentos profesionais dende a chegada ao goberno da Xunta de Núñez Feijoó. Para mostra, as incidencias no IES de Brión ou do CEIP Padre Feijoó de Allariz, ás que a Consellería fai oídos xordos.

- a alarmante diminución nas axudas á promoción da normalización do galego, que
deriva nun uso menor do mesmo, incidindo no proceso de substitución lingüística e de desaparición da nosa lingua.

- o desleixo e as tesoiradas na atención á diversidade, que se resume no feito de que as prazas de orientación cada vez veñan con máis afíns, no camiño de converter unha área fundamental do ensino nun caixón de-sastre.

- a preocupante redución dos contidos humanísticos, convertendo a reivindicación dos mesmos nunha sorte de excentricidade por parte das traballadoras e traballadores do ensino público. (quen precisa pensar?)

- as ratios por riba do legalmente establecido, especialmente en centros das provincias da Coruña e Pontevedra, que inflúen moi negativamente no alumnado pero tamén na labor docente das traballadoras e traballadores.

os criterios para os desdobramentos, diferentes segundo se trate do ensino concertado ou do público, en detrimento deste último.


Pero non só iso, tamén:

- a pésima xestión das interinidades e substitucións, alterando o normal desenvolvemento da dinámica de funcionamento dos centros en momentos tan delicados para a organización dos centros coma o inicio do curso, que se substancia no acontecido na demora das tomas de posesión do profesorado de secundaria ou, no non chamamento en infantil e primaria para as substitucións das baixas xa coñecidas dende o 1 de setembro.

- obras inacabadas e deficiencias estruturais nos centros… O normal.

- a non substitución das persoas auxiliares de conversa en centros onde é a única dotación que reciben as seccións bilingües.

Así as cousas, rexeitamos deste discreto encanto da ‘normalidade’ no que está instalada a Consellería no comezo de curso. Para o STEG sería imperdoábel que na actual conxuntura económica e política non se abordasen estas reivindicacións que son de xustiza para o profesorado e que inciden, tanto directa como indirectamente, na calidade do servizo educativo público.

- documento en pdf

                                                                 COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
26 DE SETEMBRO DE 2018
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal