Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG faise eco de novas neglixencias na xestión indirecta dos comedores
O STEG vén de ter constancia de novas irregularidades e neglixencia no servizo de xestión indirecta dos comedores escolares dos centros públicos de ensino. Unha das empresas concesionarias do servizo, GESCOR, con domicilio fiscal en Salamanca, vén incumprindo de maneira reiterada as condicións do servizo polas cales se lle adxudicou a concesión para atender un importante lote de centros públicos do ensino galego.

Así, ás incidencias rexistradas hai uns días no arranque do curso, nos centros de Gándara-Sofán,  Bergantiños, o Joaquín Rodríguez Otero de Buño, o Celso Emilio Ferreiro de A Silva ou o Milladoiro de Malpica, hai que sumar esta semana novas incidencias rexistradas no Basanta Silva de Vilalba, e no IES Lucus Augusti e IES Virxe dos Ollos Grandes, ambos os dous no centro de Lugo. Cómpre lembrar que esta empresa xa foi sancionada con 17.000 euros de multa hai uns meses. Os motivos da sanción son os mesmos nos que reincide na actualidade: importantes débedas con empregadas de comedor, con provedores e profesionais de prestación de servizos. Tamén se denunciaron carencias alimentarias, reiteración de ingredientes e cobros irregulares das cotas ás familias do alumnado.

Esta situación é insostíbel e o STEG instou esta mañá por escrito á Consellería a que tome as medidas oportunas para restablecer o normal funcionamento dun servizo esencial para o noso alumnado e para a comunidade educativa. O STEG quere salientar que este tipo de políticas (que na práctica favorecen a grandes grupos raramente radicados na Galiza) empobrecen a calidade do ensino público e non contribúen a fornecer o comercio local da contorna dos centros –soberanía alimentaria- nin o consumo de produtos de proximidade. Por riba, ocasionan importantes trastornos ao normal funcionamento dos centros, obrigados a tomar decisións e realizar labores polas que outros enchen os petos, sen ser quen de realizalas axeitadamente.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal