Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LINGUA GALEGA   
CONVOCATORIAS
Apertura de prazo para realización das probas (do 20 de setembro ao 4 de outubro)
Informámosvos de que a Consellería vén de publicar na súa web que a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A). Trátase da segunda convocatoria de probas de acreditación do Celga, tras as realizadas en maio e xuño deste ano.

O prazo para vos inscribir nas probas de obtención destes títulos comeza mañá día 20 de setembro e finaliza o  vindeiro día 4 de outubro.  As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As probas pódense realizar no eido da Galiza en Compostela e no exterior en Ponferrada.

Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25909

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal