Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Publicada a convocatoria do CADP 2018 e aplicación informática pra ordenar centros por distancia e tempo
A Consellería vén de publicar na súa web a Resolución do 18 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG

*IMPORTANTE: achegámosvos unha páxina artellada por un grupo de profesoras/es de matemáticas e desenvolta por Marcos Chavarría, o noso compañeiro e profesor do STEG, onde podedes ordenar por distancias e/ou tempos de chegada os centros educativos das vosas peticións (cos seus correspondentes códigos) dende a ubicación que elixades. Parece unha ferramenta moi útil pra este proceso de concurso. O enlace para acceder a ela é este: 

https://centroseducativos.gal/


-convocatoria en pdf


Agardando que a información sexa do voso interese, recibide un saúdo, e moita sorte,

STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal