Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
Comunicado do STEG, CUT, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, CGT e PROSAGAP
Os sindicatos alternativos abaixo asinantes facemos pública a nosa valoración ao respecto da mobilización convocada pola CIG para o 19 de xuño.

Primeiro:
os sindicatos asinantes, xa hai catro anos que mantemos unha posición consensuada, froito dos debates conxuntos e en pé de igualdade, sobre a necesidade da convocatoria dunha folga xeral. No entanto, concluímos que a convocatoria da CIG non reúne as condicións necesarias para ser catalogada coma tal polo seguinte:

As folgas xerais deben ser convocadas por unha demanda social que loxicamente inclúan un traballo previo de contactos entre organizacións sindicais e movementos sociais; non poden, por tanto, obedecer a decisións dunha parte que subtraia a vontade da totalidade. Neste caso a folga deixa de ser un instrumento da clase traballadora para se converter no instrumento dunhas siglas.
Se a vontade da convocatoria está en paralizar o país, a mobilización da CIG non reúne esas condicións pois pretende que non haxa convocatoria conxunta de todos os sindicatos, nin manifestación conxunta, nin en definitiva traballo previo conxunto pois xa determinaron todas as condicionantes de como debe ser esta mobilización (que chaman folga) sen contar con ninguén.

Segundo: as condicións obxectivas para convocar unha folga son evidentes, hoxe igual que hai un ano ou catro, pero as condicións subxectivas non o son. En todo caso, estas últimas, requiren un esforzo pedagóxico que dificilmente pode darse convocando unha mobilización o 1 de maio de cara ao 19 de xuño. Sen abondar máis en que non se contou co resto de forzas sindicais para facelo, hai escasa marxe para socializar a necesidade e poñer os centros de traballo en acción. Isto fai que os sindicatos alternativos entendamos que esta convocatoria semella ter máis que nada a intención de facer unha manifestación ese día e non a de parar o país.

Terceiro: para nós, a folga é un instrumento de loita para dar un salto cara adiante, unha mobilización mal convocada, igual que unha folga mal convocada, pode converterse en nefasta para a clase traballadora, pode ser incluso antisindical.

Cuarto: non imos secundar a convocatoria da CIG, do mesmo xeito que tampouco imos traballar na súa contra. Agardamos que nun futuro poidamos chegar a unha convocatoria conxunta na que o importante sexa a clase traballadora e non as siglas.

Quinto: mentres, seguiremos denunciando que diante da presión do capital (precariedade, pensións, privatizacións do público, discriminación de xénero, violencia patriarcal...) só procede un camiño, que non é outro que a unión de todas estas loitas e o esquecemento dos réditos particulares.

-documento en pdf

                                                                                     STEG, CUT, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, CGT e PROSAGAP

Compostela, 24 de maio de 2018         
      
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal