Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2017/2018
OBRADOIRO DE CORDAS DOBRES EN LUGO O SÁBADO 26 DE MAIO
Matriculación:   Folla de inscrición




Título da actividade

"Obradoiro de cordas dobres na educación física"

Áreas

Recursos didácticos. Competencia social e cidadá. Educación física. Competencia lingüística. Temas Transversais. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios

Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP.

Modalidade

Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas

Mínimo de 15 e máximo de 60.

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula obradoiro cordas dobres”. O prazo de inscrición péchase 1 semana antes do comezo da actividade.

PREZOS

30 EUROS PARA PERSOAS NON AFILIADAS
15 EUROS PARA PERSOAS AFILIADAS AO STEG


máis información no 982240066 e 647815332 e en lugo@steg.gal

Observacións ás prazas

En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección

As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Data e horario de celebración

Celebrarase o sábado 26 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 h.
Lugar de celebración
Instalacións do Ceip de Paradai (Lugo)

Horas

8 horas, todas elas presenciais.

Estrutura do Obradoiro

Desenvolveranse arredor de sesións teórico-prácticas artelladas a partires dos obxectivos e contidos anteriormene expostos.

Obxectivos

•    Usar a corda dobre e as montaxes finais dende o Estilo Actitudinal como modelo pedagóxico.
•    Analizar o proceso de ensino para conseguir coas cordas experiencias de éxito en todo o alumnado.
•    Experimentar o proceso para conseguir que TODO o alumnado salte a corda dobre.


Contidos

•    A corda dobre: posibilidades de éxito para todos.
•    As actividades corporais intencionales para o desenvolvemento de capacidades: a corda longa.
•    A organización secuencial cara ás actitudes como vínculo para o traballo de corda individual.
•    As montaxes finais como resultado do proceso de aprendizaxe.
•    Combinacións de elementos para a montaxe final: Comba dobre-corda individual; corda longa-corda individual…
•    Visualización do traballo do alumnado.
•    Recoñecemento das propias posibilidades e limitacións como punto de partida para a mellora da propia competencia.

Persoa relatora



Ángel Pérez Pueyo

Profesor da Universidade de León, membro da Rede Interuniversitaria de avaliación formativa e compartida e coordinador do Grupo ACTITUDES

Persoa Coordinadora do curso

D. Beatriz Gómez Felipe
ESPECIALIDADE: Educación Física
CENTRO DE DESTINO: Ceip de Lousada
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal