Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
Nova Orde que regula as Comisións de servizo
Prezada afiliación:

A Consellería vén de publicar a ORDE do 23 de febreiro de 2018 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A).

As incidencias de variada natureza resultantes da aplicación desta Orde do 9 de xuño de 2017 durante o mes de xullo do pasado ano, provocaron esta modificación dalgunha das súas epígrafes, ampliando, por exemplo, a idade dos fillos nos supostos de núcleos familiares compostos por un único proxenitor ou proxenitora, permitindo que poida efectuar unha solicitude o persoal que supere o procedemento selectivo, modificando o artigo 4, punto 2, para dar máis liberdade para realizar a solicitude de centros e permitindo a exclusión daqueles en que resulta máis difícil conciliar a vida familiar e laboral.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia, tanto para as persoas que concursan como para as que non. O persoal que supere o procedemento selectivo terá dous días hábiles dende a publicación das persoas aprobadas polos tribunais correspondentes.


Podedes consultar o texto íntegro da nova Orde no seguinte enlace á nosa web: Prezada afiliación:

A Consellería vén de publicar a ORDE do 23 de febreiro de 2018 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A).

As incidencias de variada natureza resultantes da aplicación desta Orde do 9 de xuño de 2017 durante o mes de xullo do pasado ano, provocou esta modificación dalgunha das súas epígrafes, ampliando, por exemplo, a idade dos fillos nos supostos de núcleos familiares compostos por un único proxenitor ou proxenitora, permitindo que poida efectuar unha solicitude o persoal que supere o procedemento selectivo, modificando o artigo 4, punto 2, para dar máis liberdade para realizar a solicitude de centros e permitindo a exclusión daqueles en que resulta máis difícil conciliar a vida familiar e laboral.

Prazo de presentación de solicitudes:  o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia, tanto para as persoas que concursan como para as que non. O persoal que supere o procedemento selectivo terá dous días hábiles dende a publicación das persoas aprobadas polos tribunais correspondentes.


Podedes consultar o texto íntegro da nova Orde no seguinte enlace á nosa web:

http://www.steg.gal/ampliar.asp?id=467


O STEG, logo das achegas das súas asembleas provinciais do 1º trimestre do ano pasado, levou ás Xuntas de Persoal das diferentes provincias celebradas no mes de novembro e decembro esta proposta de ampliación da idade das fillas/os  nos supostos de núcleos familiares compostos por unha única proxenitora/or, que agora se ve recollida na nova Orde. O traballo sindical é necesario e os avances son unha conquista colectiva. Canto máis participedes, máis probabilidade haberá de que academos o éxito nas nosas reivindicacións.

No entanto, trasladámosvos algúns extractos da nova Orde, no relativo ás modificacións máis substanciais:

“ 2. Tamén poderá solicitar esta adscrición o persoal funcionario de carreira en expectativa de destino, o persoal nomeado funcionario en prácticas, o persoal que superou o procedemento selectivo correspondente e está pendente de ser nomeado funcionario en prácticas e o persoal funcionario interino docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.”

“ 1. Tipo I) Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo II) Ter dous fillos ou fillas menores de seis anos, ou ter e convivir con dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo III) Ter tres fillos ou fillas menores de doce anos, ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal."

" 2. Petición a centros e/ou localidades.
As persoas interesadas deberán solicitar en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se encontren nun raio de 20 km do lugar da súa residencia,
agás os centros penitenciarios, os centros de educación permanente de adultos e os centros ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos e aqueloutros centros en que se imparten ensinanzas en réxime de xornada partida, que serán de solicitude voluntaria. Poderán engadirse voluntariamente peticións a centros ou localidades que se consideren convenientes, tendo en conta que neste caso é preceptivo solicitar os centros ou localidades a que se fai referencia no parágrafo anterior."

" 1. Solicitudes.

As solicitudes deberán cubrirse a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.es/cadp, e presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).”

Agardando que a información sexa do voso interese, recibide un saúdo, quedando á vosa disposición, nas sedes e teléfonos habituais.

STEG


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal