Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2017/2018
III Xornadas de Coeducar en Igualdade (con peche de Pamela Palenciano)




Título da actividade


“Terceiras Xornadas de Coeducar en Igualdade:Recursos e experiencias para a súa aplicación práctica”

Áreas

Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Persoas Destinatarias

Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Estudantado de dibplomaturas en Infatil, Primaria e Secundaria. Diplomaturas de Ciencias da Educación, Diplomaura en Traballo Social e Diplomatura en  Educación Social CS de Educación Infatil, CS Integración Social. CS en Promoción da Igualdade de Xénero.

Modalidade

Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Nº de prazas

Mínimo de 15 e máximo de 85.

Observacións ás prazas

En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección

As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.


Custo da matrícula

35€ Xeral
15 € por paradas, estudantes e afiliadas

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas Coeducar”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
máis información no 988252323 ou  e en stegmuller@steg.gal

Datas e horario de celebración

Sábado, 7 de abril de 2018, das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas

Lugar de celebración

CC A PONTE: Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, 32001 Ourense

Horas

Un total de 8, todas elas homologadas, das cales todas serán presenciais, repartidas entre relatorios e obradoiros.

Nome das persoas relatoras

Pamela Palenciano Jódar

Comunicadora, actriz e autora de “No sólo duelen los golpes”

 Sonia Fernández Casal
CENTRO DE DESTINO: IES FONTEXERÍA. MUROS.
ESPECIALIDADE: Matemáticas
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no IES Fontexería Muros  “Nós tamén navegar: Desaprendendo o sexismo desde as aulas. ”.
 
 Xosé Cabido Pérez
CENTRO DE DESTINO: IES FONTEXERÍA. MUROS.
ESPECIALIDADE: Filosofía
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no IES Fontexería Muros  “Nós tamén navegar: Novas masculinidades”.

 René Celia Gómez López
CENTRO DE DESTINO: CEIP PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no CEIP Princesa de España: “Eu non quero ser princesa”.


 Bernardo Gallego Otero
CENTRO DE DESTINO: CEIP PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no CEIP Princesa de España: “Eu non quero ser princesa”.

 María Rosario Fernández Bello
CENTRO DE DESTINO: IES MARUXA MALLO. ORDES.
ESPECIALIDADE: GALEGO
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no IES Maruxa Mallo de Ordes. "A igualdade na aula. Fazes que fazes ou poes sementes a crescer?"

 Felisa Redondo Valín
CENTRO DE DESTINO: IES ÁNXEL FOLE. LUGO.
ESPECIALIDADE: LINGUA CASTELÁ
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no IES ANXEL FOLE. LUGO. “Antídotos contra a violencia de xénero"
TÍTULO DO RELATORIO: Experiencia coeducación no IES ANXEL FOLE. LUGO.

Branca Nazaré Guerreiro Muñoz
Inspectora de Educación de Lugo
ESPECIALIDADE: Orientación educativa
Facilitadora do debate


Nome da persoa coordinadora

María Pía Outeiriño Calle
CENTRO DE DESTINO: CPI de MONDARIZ
Representante sindical do STEG en Ourense

Estrutura das Xornadas:

Combinarán relatorios  coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario:

Lembrámosvos o horario da actividade, que é o seguinte:

09:30 a 10:00: Recepción de asistentes

10:00-11:45.- Posta en común: Traballos de Coeducación en centros con Proxectos de igualdade
- Experiencia coeducación: IES Fontexería Muros  “Nós tamén navegar: Desaprendendo o sexismo desde as aulas. Novas masculinidades” Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez
- Experiencia de Coeducación en Educación  infantil e Primaria: CEIP Princesa de España “Eu non quero ser princesa” René Gómez López e Bernardo Gallego Otero

Descanso: 11:45 a 12:15

12:15 a 14:00  Posta en común :O traballo da Coeducación dende a materia de Igualdade.
- Experiencia no IES  Maruxa Mallo de Ordes  por Charo Fernández Velho.
- Experiencia no  IES Anxel Fole  de Lugo “Antídotos contra a violencia de xénero” Felisa Redondo Valín.

14:00 a 16:00 Comida

16:00 a 17:00 O proxecto coeducativo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

17:00 a 17:30 Descanso
   
17:30 a 18:45: “No sólo duelen los golpes” Pamela Palenciano Comunicadora, actriz e autora de “No sólo duelen los golpes”

18:45 a 20:00  Debate das  II Xornadas de Coeducar en Igualdade. Condutora: Branca Guerreiro Muñoz. Inspectora de Educación.

Obxectivos:

1. Implicarse afectivamente coa igualdade de oportunidades entres os sexos.
2. Fomentar que o principio de igualdade de oportunidades teña unha traducción real nas diferentes comunidades educativas.
3. Procurar que a participación activa do profesorado nun proceso de actualización formativa dende a perspectiva de xénero como parámetro de calidade da atención educativa.
4. Compartir experiencias de coeducación
Contidos:

1. O currículo explícito e os seus mecanismos de transmisión de contidos sexistas.
2. O uso da linguaxe na escola.
3. A educación afectivo sexual dende a perspectiva de xénero.







 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal