Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
O STEG colabora coa Associação de Docentes de Português na Galiza (DPG)
O STEG está a colaborar coa Associação de Docentes de Português na Galiza (DPG), na difusión dunha campaña de información para a modificación dos criterios aplicados pola Consellería de Educación na atribución de profesorado substituto de Portugués aos Centros públicos de Secundaria e ás Escolas Oficiais de Idiomas.

A iniciativa parte dun grupo de docentes integrantes da lista de substitución de Lingua Galega que, conscientes da situación totalmente contraria ao disposto na Lei Orgánica para Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e na LEI 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, decidiron facer unha solicitude de modificación de criterios á Conselleria, de momento sen resposta: requerimento orixinal do persoal substituto.
A presente campaña propón unha acción cívica conxunta impulsada por todas e todos os axentes educativos implicados, unidos, e facilitada a través de dúas vías:

1) Envío (por rexistro) da solicitude á Administración Educativa Galega:

Profesorado (substituto ou titular),
Direccións centros educativos,
Asociacións de nais e pais

2) Envío do abaixo-asinado (change.org)

Pola calidade na docencia da lingua portuguesa na Galiza
Demos entre todas e todos máis un paso para que as atribucións destas vacantes de substitución veñan corresponder a profesorado capacitado para dar a materia e contribuamos, así, a un real aproveitamento estratéxico, que tantas portas nos abre, dos vínculos históricos, lingüísticos e culturais entre a Galiza e os países lusófonos.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal