Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
Un novo golpe ao ensino público
O STEG denuncia os acordos privatizadores aos que acaba de chegar a Subcomisión parlamentaria para o Pacto Educativo.

    O STEG e a Confederación de STEs-i tiveron coñecemento dun dos puntos que foron acordados antonte martes 13 de febreiro no seo da Subcomisión parlamentaria do Congreso dos Deputados, Subcomisión que está a traballar o asunto do chamado Pacto pola Educación. En efecto, puidemos acceder ao acordo que acadaron onte na citada Subcomisión os representantes dos grupos parlamentarios do Partido Popular, Cidadáns e o PSOE, co voto en contra de Unidos-Podemos e a abstención de ERC.

    O texto que pactou esta maioría de grupos establece a universalización do dereito á educación dos 0 aos 18 anos, concretando que os poderes públicos deberán garantir a escolarización de todas as persoas que soliciten os tramos non obrigatorios, tanto de Infantil 0-3 anos, como de Bacharelato (16-18 anos). Aínda que no texto non figura de maneira explícita, os grupos que subscribiron o acordo aclararon, nos debates que mantiveron no seo da Subcomisión, que a universalización deste dereito e a garantía de escolarización no tramo 0-3 anos e Bacharelato, enténdese para todos os centros sostidos con fondos públicos, sen distinción algunha entre os de titularidade pública e privada. Estamos, pois, diante dun paso nefasto e de consecuencias irreparábeis; que implicará estender o sostemento con fondos públicos aos tramos do sistema que ata agora permanecían á marxe do réxime de concertos. É dicir, que ben pola vía do concerto educativo ou pola simple subvención, os centros privados poderán ampliar grazas ao diñeiro público a súa oferta no tramo de Educación Infantil 0-3 anos e na etapa do Bacharelato.

    As patronais do ensino privado conseguirán así a súa tradicional reivindicación de poder facer unha oferta completa sostida economicamente con fondos do Estado desde os 0 ata os 18 anos. O STEG ten que mostrar mediante este comunicado o seu máis absoluto rexeitamento a este acordo alcanzado por PP, Cs e PSOE, e que tachamos de privatizador na medida que supoñerá poñer a disposición da rede privada de centros miles de millóns de euros todos os anos para soster economicamente o primeiro e o último dos tramos do sistema educativo non universitario. As consecuencias negativas para a rede pública de centros, a maioritariamente usada pola sociedade, serán de dous tipos: por unha banda supoñerá unha inxección de diñeiro para os negocios privados da educación que se detraerá do que tería que ser investimento na rede pública, e, en segundo lugar, aumentará a competencia desleal dos centros privados que poderán facer unha oferta teoricamente gratuíta e completa desde o primeiro ciclo de Educación Infantil ata o Bacharelato, é dicir, desde os 0 ata os 18 anos; oferta que ningún centro público pode facer.

    O STEG non vai permanecer impasíbel diante deste ataque ao ensino público e, para iso, impulsará medidas de denuncia e mobilización coas que tentará evitar que este acordo inicial se concrete e aprobe definitivamente. A este respecto queremos que este comunicado sexa unha primeira denuncia pública de que o pactado na Subcomisión parlamentaria é algo que se está a facer ás costas do que maioría social vén defendendo e pelexando na rúa desde que empezaron os recortes e a tramitación da LOMCE, e que este acordo é, simple e sinxelamente, unha concesión vergoñenta do agrado unicamente das patronais do ensino privado e dos sectores confesionais e máis conservadores (e minoritarios socialmente) do mundo educativo.

-documento en pdf


                                                                               Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
14 de febreiro de 2018
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal