Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
A FALTA DE AVANCE NINGÚN NA DERROGACIÓN DA LOMCE: O GOBERNO TOMA A INICIATIVA COA CORTINA DE FUME DO MIR
O ministro de Educación anunciou durante esta fin de semana a proposta dunha sorte de MIR docente para endurecer o acceso á función pública docente. Un acto de partido ou un plató de televisión non parece o lugar axeitado para anuncios deste tipo, que nin se substancian con concreción nin se detallan abondo para poder seren debatidos; serven a un fin moi concreto, contentar a parroquia nun exercicio de improvisación. Semella que o ministro ignorase que para acceder á docencia no ensino público é preciso superar un proceso de oposición-concurso, proceso ao que en case todos os casos, é preciso presentarse en varias ocasións. Semella tamén que esquece que unha vez superado ese proceso, cómpre igualmente superar unha fase de prácticas antes de convertirse en persoal funcionario de carreira. Ignora e despreza o ministro o traballo da inspección educativa, que vela polo cumprimento da lei e o mantemento da calidade do ensino público.

Dende o STEG atrevémonos a intuír por que o señor Méndez de Vigo omite estas cuestións que debería coñecer en vista do seu cargo:

  • Ese suposto MIR docente implicaría un recorte aínda maior do profesorado, ao ter unha man de obra á que asignarlle as peores condicións laborais sen considerarse nin persoal funcionario nin interino, é dicir, recortando postos laborais e precarizando as súas condicións.
  • Non hai ningún colectivo membro da comunidade educativa que sosteña que o gran problema do ensino público sexa o acceso docente, xa que o proceso de posicións (aínda que manifestamente mellorable e obxecto habitual de debate) supón xa unha selección con criterios obxectivos do persoal docente mellor preparado tanto a nivel pedagóxico coma técnico-teórico.
  • Este MIR docente é unha cortina de fume para non falar dos problemas que levamos anos denunciando: a masificación de aulas, incluso con ratios ilegais, tal e coma denunciamos no STEG recentemente; o abandono dos centros educativos nas zonas rurais; a progresiva privatización, tanto na externalización de servizos coma no favorecemento do ensino concertado frente ao público, a falta de estabilidade do profesorado, cun alto número de persoal interino (non convocan suficientes prazas) e con especialidades que poden levar ata 10 anos en expectativa de destino (non sacan a concurso vacantes definitivas), e recortando persoal e dereitos laborais un curso tras outro.

Por todo isto, dende o STEG rexeitamos frontalmente ese anuncio por parte do ministro, e denunciámolo polo que é, unha manobra de despiste que se engloba na campaña de desprestixio do persoal docente e que busca desviar a atención dos problemas reais que as traballadoras e traballadores do ensino levamos anos denunciando.


-documento en pdf

                            Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
                                                   
                                                    30 de xaneiro de 2018
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal