Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2017/2018
Obradoiro de coro escolar a cargo de Ramón Bermejo (mércores 7 feb., mércores 7 marzo, mércores 11 abril)


Título da actividade
“Obradoiro de coro escolar”

Áreas
Competencia artística. Educación musical. Recursos didácticos.  Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación en valores.


Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Profesorado de Conservatorios.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Horas
9 horas, todas elas presenciais, distribuídas en tres días, 3 horas cada un dos días.

ESTRUTURA DO OBRADOIRO:
Combinará relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, distribuídas en 3 sesións de 3 horas cada unha, de 18 a 21 h. (mércores 7 de febreiro, mércores 7 de marzo e mércores 11 de abril; no camiño de poder poñer en práctica na escola os contidos tratados en cada sesión, para reaxustar a práctica ata a seguinte sesión) en atención aos obxectivos e contidos que se sinalan a seguir.


Obxectivos
   Aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecemento da comunidade educativa.

    Asegurar que todo o alumnado, sen distinción, acade o grao máximo das súas capacidades, do seu desenvolvemento persoal, social e emocional, así como das competencias básicas e dos obxectivos educativos establecidos en xeral para a etapa da ESO.

 Deseñar, planificar e desenvolver medidas eficaces de tipo organizativo e curricular, que dean resposta ás características e necesidades do alumnado.

dotar a@s profesores de ferramentas básicas para traballar a técnica vocal co alumnado desde un punto de vista experiencial.

descubrir o son da voz e as súas infinitas posibilidades a través de diferentes
experimentos. Esta forma de traballar fai que o descubrimento se convirta en
coñecemento e tamén nunha nova fonte de experimentación.

Estimular a creación de coros no entorno escolar. Para iso se aportarán recursos para traballar cunha formación coral. Como ben di o título da actividade proposta, o coro é unha formación integradora como poucas.


Contidos
experiencias previas d@s asistente nos seus centros respectivos (isto axudará a orientar o traballo que fagamos despois dunha forma ou outra).
Introducción á casuística da voz infantil e a muda da voz
    Como abordar a técnica vocal para nen@s e adolescentes. Exercicios.Xogos rítmicos coa voz sen necesidade de afinar
Xogo e experimentación coa voz e o son
Resonancia. Improvisando coa resonancia
Improvisando sobre notas largas e notas curtas
Dúas cancións para traballar as escalas pentatónica, maior menor.
Xogos rítmicos II
Xogo e experimentación co son II
son e o xesto
son e o corpo
Consellos para preparar as meniñas/os para ser cantantes dun coro
Canción para traballar a escala maior
Proposta de repertorio para as diferentes idades. Consellos para dirixir.
Xogos rítmicos III
Xogo e experimentación co son III
Unha canción para traballar a escala menor
Improvisar coa voz sobre unha secuencia armónica sinxela
Uso de bases rítmicas para traballar
Traballo sobre repertorio coral sinxelo
Práctica de dirección coral

Lugar de matrícula: Conservatorio Superior de Música de Vigo

PREZO DA MATRÍCULA
35 euros persoas non afiliadas
15 euros afiliación

Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula obradoiro coro escolar”. O prazo de inscrición péchase 4 días antes do comezo da actividade.

máis información no 982240066 e 647815332 e en lugo@steg.gal


COORDINADOR DA ACTIVIDADE

Diego Pérez Castro
representante sindical do STEG en Compostela

NOME DA PERSOA RELATORA


Ramón Bermejo

Realizou os seus estudos no Conservatorio Municipal de Música de Barcelona (1982-86) e no Taller de Músics de Barcelona.


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
 
Percusión Latina e Voz 1982-83
Teoría musical 1982-84
Combo instrumental e vocal, con Mario Lecaros, Zé Eduardo e A. Vilallonga 1987-88 Canto de jazz e blues, con Errol Wolsky 1989-90

OUTROS ESTUDOS
Técnica vocal, con Sergi Rise 1982-86
Contrabaixo, con Mario Rossy e Ferrán Salga 1984-88
Canto lírico, con Ferrán Banyó 1988
Curso de dobraxe (Academia M1, Barcelona) 1990-91
Técnica vocal, con Vicente Fontes 2006
Voz na academia Roy Hart (Francia) 2006
Voice Craft, nivel 2, con Hellen Rowson 2003-04
Verso clásico, con Ernesto Arias 2009



SEMINARIOS E CURSOS

Seminario de voz, con Margot Hanson (ESTUDO Escola de Música, Santiago) 1988 Seminario de jazz, con Chuck Israels 1988
Seminario de canto de jazz, con Mili Bermejo ( Berklee Schooll of Music) 1990 Xornadas de Pedagoxía Musical (Palau da Música de Barcelona) 1991
Seminario de Interpretación vocal con Hellen Gallagher ( Institut do Teatre de Barcelona) Curso “A Voz Humana”, con Liza Meiers (Centro Roy Hart, Francia) 2003 Master classes con Barry Harris, Dave Frank, Sheillah Cuffy, Etta Cameron …

EXPERIENCIA PROFESIONAL

En Barcelona: Colabora con diversas formacións vocais ata 1987 En 1987 funda o cuarteto vocal Baobab co que gaña o 1º Premio no Festival Internacional de Jazz de Getxo (1988) Actuacións nos Festivais de Jazz de Terrassa, Andorra, Logroño, Pamplona, Getxo, Festival de Teatre de Sitges, de Tárrega, Festes da Merçé de BCN, Setmanas Internacionais de Jazz de Barcelona 1989-90, e en principais clubs de Jazz españois, TVE, TVG, TV3, etc.
Diversas gravacións, entre elas no disco “ Utopia” de Joan Manuel Serrat, e no musical The Scroll.
Funda o Coro do Taller de Músics de Barcelona

En Galiza: Arranxos vocais para o disco “Pai”, do grupo de rock Crazy Cabuxa. Colabora con Chévere na montaxe de Annus Horribilis. Arranxos e dirección de cancións para teleseries e debuxos animados da TVG Diversas actuacións en multitude de clubs colaborando con artistas como Abe Rábade, Manolo Gutiérrez, Pablo Seoane… Funda e dirixe o quinteto vocal Tristáns Participa con Tristáns na obra de Teatro “ Hero.es” de Chévere. Dirixe as voces en musicais como “ Supermáis”, de Talía Teatro e “ Ratman” de Bacana Teatro. Colabora con Teatro do Morcego, Berrobambán, Manicómicos, Mamácabra, Black Cherry Burlesque, etc.

Funda o Coro dá Rá en 1993 co que realizaron multitude de traballos e actuacións en toda Galiza: En 2010 actuaron no Auditorio de Galicia, gravaron un anuncio para a marca 1906, e participaron no Festival dos Abrazos, ademais de multitude de actuacións cos chamados “ Concertos Comando”

EXPERIENCIA DOCENTE
Profesor de Canto no Taller de Músics de Barcelona 1990 – 1992 Profesor na Escola de Teatro Cap i Cúa de Barcelona 1990 – 1992 Profesor na ESTUDO, escola de música (Santiago) desde 1993 Profesor na Escola Sotto voce de Bertamiráns 1998 – 2001 Cursos de Técnica vocal para a Radio Galega 1998 – 2000 Profesor de Canto na Escola Municipal de Música de Portosín 1999 – 2003 Múltiples cursos para profesores e profesionais da voz desde 1999 Profesor de Canto e Voz na o Escola de Teatro de Narón 2007 – 2010
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal