Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
A Consellería e o síndrome do inglés: polo Nadal, regala certificacións en lingua inglesa!
Non sabemos se polo medo a ir ao inferno, pola ambientación británica do Merlín de Cunqueiro ou polo feito de que nas antigas escrituras das terras da Mariña se podía ler que tal finca "limita al norte con Inglaterra, mar mediante", pero o caso é que a Consellería parece obsesionada en dar o definitivo pinchacarneiro lingüístico, completando o actual proceso de substitución lingüística do galego non xa polo castelán (cota lingüística claramente alcanzada, personificada no alcalde aquel do Partido Popular, que en perfecto castelán cervantino dixo que  "el día que nos falte Don Manuel, unos iremos al infierno y otros al porguratorio"), senón que parece obsesionada en facer do inglés a lingua vehicular do país. De aí a a facer unha pista de formigón de Carballo a Portsmouth todo é poñerse. O vello soño das cinco provincias galegas: Lugo, Coruña, Pontevedra, Ourense e Gran Bretaña! Ir tomar os viños a Londres despois de workar!

A cuestión é ben significativa, pois o STEG vén de ter coñecemento, a través da Asociación de Profesorado de Escolas Oficias de Idiomas de Galicia (APEOIGA), que a Consellería de Educación da Xunta está a organizar unhas xornadas de certificación de competencia en linguas para profesorado a cargo de entidades privadas que está a organizar o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) por encomenda da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

O STEG comparte o malestar deste colectivo e coincide con el en que esta actuación está fóra de lugar, pois:

-usurpa unha función propia das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galiza, como é a de certificar a competencia en linguas, que desempeña con persoal altamente cualificado e experiencia dabondo neste eido, que ademais ten a encomenda legal de ofrecer formación ao profesorado e
outros colectivos profesionais.

-só certifica as competencias orais en inglés, cando os exames de certificación das EOI certifican o nivel de xeito global (nas súas catro destrezas comunicativas).

-supón un agravio comparativo para co profesorado que xa cursou estudos conducentes á certificación de linguas, para o cal tivo que pagar unhas taxas e/ou acumular unha serie de horas dunha formación esixente.

-responde á urxencia propagandística da Consellería de habilitar a canto mais profesorado para impartir asignaturas en inglés en centros plurilingües, ignorando uns criterios mínimos de calidade.

-sobrepasa o cometido propio do CAFI, que foi creado para ofertar accións formativas diversificadas, dinámicas e anovadoras, e non para a organización de sesións de certificación da competencia en linguas, que é unha función propia e exclusiva das EOI

Finalmente, o STEG coincide coa APEOIGA, en que o recurso ás certificacións privadas supón a dilapidación dos recursos públicos e ignora de forma consciente a existencia das EOI de Galicia, entidades públicas e oficiais certificadoras de linguas. É incomprensible que na estratexia galega de linguas estranxeiras Edulingüe da Consellería de Educación non se lle outorgue ningunha función ás institucións públicas e oficiais especializadas no ensino de linguas estranxeiras como son as EOI.

Por todo isto, o STEG entende que este tipo de prácticas deben ser denunciadas publicamente, amosando o seu apoio a este colectivo e instando a Consellería a rectificar este tipo de actuacións que non veñen senón a deteriorar máis aínda o ensino público, negándolle atribucións ás escolas de idiomas e ás súas traballadoras e traballadores, detraendo recursos económicos para axentes externos.

-documento en pdf


                                                                                                                        15 de decembro de 2017
Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal