Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2017-2018
Queiman Galiza: arde a nosa terra
A Consellería de Educación vén de anunciar que suspende para hoxe a actividade escolar nalgúns centros educativos, diante dos lumes que volveron asolagar Galiza. Máis dun cento de incendios forestais nas catro provincias, con especial incidencia nas do sur, na área metropolitana e nas parroquias da propia cidade de Vigo; No Courel, no Xurés, nos Ancares, en Chandrexa, en Rebordechau, en Vilariño, en Pantón, en Carballedo, en Melón, en Xinzo, en Pazos de Borbén, en Soutomaior, en Redondela, nas Neves, na Cañiza, en Covelo, en Ponteareas, en Salvaterra, en Baiona, en Morgadáns, en Vincios, no Galiñeiro, en Chandebrito, en Valadares, na Madroa… O lume chegou ás aldeas e ás casas, sobrepasou as estradas principais (incluídas a VG-20, A-52 e AG-57) e ás vías do ferrocarril provocando o horror da veciñanza e da xente que viaxaba en automóbil regresando da ponte.

Desde xeito, a Consellería decidiu suspender as clases mañá luns nos seguintes centros escolares: o IES Primeiro de Marzo de Baiona, o CPI de Cova Terreña de Baiona, o CEIP Fontes Baíña de Baiona, o CEIP de Sobreira Valadares de Vigo e o IES de Valadares de Vigo. Tamén se suspenderon as clases no CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves.

A páxina da Consellería de Educación leva sen actualizar, nun momento tan delicado coma o que vive o noso país, case doce horas, en liña coa pobre cobertura da TVG.
O Conselleiro limitouse a anunciar por Facebook o primeiro aviso ás 20:51, actualizando a misma entrada ás 22:00 h. (sempre nunha canle que non constitúe medio oficial de ningún tipo), non publicándose nada más na página da Consellería ata as doce da noite. Dende o STEG resúltanos indignante a inacción da Consellería que, doutra banda, garda consoancia coa pasividade e desidia do Goberno da Xunta no seu conxunto.

É especialmente preocupante neste contexto que, a tal momento, non se suspendese a actividade escolar en zonas de tránsito habitual do profesorado e das liñas de transporte escolar. Convidamos a toda a comunidade educativa a que denuncie calquera tipo de incidencia ao respecto, no camiño de poder contribuír a minimizar unha traxedia de consecuencias gravísimas para o noso país. Igualmente, o STEG quere trasladar o seu máis sentido pésame ás familias das vítimas mortais dos incendios e a toda aquela xente que, dun ou doutro xeito, se viu afectada polos mesmos.

Para finalizar, dende o STEG pensamos que os incendios son froito da intervención consciente e premeditada das persoas, ben por acción ou por omisión. As políticas de ordenación, conservación e explotación do monte, onde se potenciou a expansión do eucalipto e outras especies pirófitas, a ausencia de políticas agrogandeiras (para fixar a poboación no mundo rural) ou os efectos cada vez máis intensos da privatización da poderosa industria vinculada á extinción dos lumes, gardan unha estreita relación coa traxedia que estamos a vivir.

Hoxe toca solidarizármonos coa cidadanía, pero nalgún momento haberá que pedir explicacións a quen as teña que dar, pois isto ten unha responsabilidade política. O STEG anima a toda a comunidade educativa e cidadanía en xeral a participar nas mobilizacións que terán lugar hoxe nas principais vilas e cidades do país a partires das 20 horas da tarde. #lumenuncamáis #queimangaliza #ardeGaliza

-documento en pdf

                                                                 COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
16 DE OUTUBRO DE 2017
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal