Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2017/2018
Obradoiro de rugby na escola en setembro
Matriculación:   Folla de inscrición


Título da actividade
Obradoiro de rugby na escola

Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Competencia lingüística. Temas Transversais. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Datas e horario de celebración
Celebrarase en dous sábados consecutivos:
Sábado 16 de setembro de 10 a 14 horas.
Sábado 23 de setembro de 10 a 14 horas.

Lugar de celebración
Instalacións municipais das Pedreiras en Lugo (pista de atletismo con campo incorporado).

Horas
8 horas, todas elas presenciais.

Custo da matrícula
Persoas en activo non afiliadas: 15 euros
Persoas afiliadas e en situación de desemprego: gratuíta

Estrutura do Obradoiro:
Desenvolveranse arredor de 4 grandes relatorios, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades.

Obxectivos
•    Coñecer e desenvolver as posibles accións de xogo a realizar dende cada un dos roles estratéxicos que asumen os participantes (atacante con balón; atacante sen balón; defensor).
•    Coñecer as regras de xogo e valorar o respecto das mesmas como medio de asegurar a igualdade de oportunidades para todos os participantes.
•    Valorar o Rugby como un medio para o desenvolvemento da propia competencia motriz e deactitudes de respecto, tolerancia e aceptación cara aos demais.
•    Coñecer a orixe desta modalidade e os rasgos que caracterizan a súa lóxica interna e a diferencian de modalidades similares.
•    Coñecer os fundamentos colectivos do xogo e axustar a acción do xogo individual aos criterios de
•    organización colectiva en cada unha das fases de xogo.
•    Recoñecer e aplicar as solucións técnicas e/ou tácticas aprendidas noutros deportes de invasión que
•    sexan de utilidade nas situacións de xogo deste deporte.
•    Deducir regras de acción que permitan seleccionar as accións máis axeitadas a cada situación de xogo en función das características persoais.


Contidos

- Conceptos

Identificación das intencións de xogo a desenvolver dende cada un dos roles estratéxicos.
Coñecemento das regras básicas e dos rasgos da lóxica interna do Rugby Tag.
Coñecemento dos criterios de organización colectiva que dan sentido ao xogo de ataque e defensa.
Coñecemento do significado da xestualidade técnica deste deporte como medio de organizar a comunicación motriz cos compañeiros e a contracomunicación motriz cos opoñentes.
Identificación de regras de acción nas situacións máis habituais do xogo.

- Procedementos

Utilización das habilidades específicas en secuencias de xogo que impliquen interacción ataquedefensa.
Concreción de criterios de organización colectiva do xogo en ataque e defensa, e axuste das accións individuais a devanditos criterios.
Aplicación das habilidades específicas do Rugby Tag dende cada un dos roles estratéxicos.
Reflexión en e sobre a práctica con obxecto de axeitar os medios empregados aos obxectivos da tarefa a realizar en cada momento e de comprender a funcionalidade das aprendizaxes que se adquiren.
Identificación e aplicación de recursos técnicos e/ou tácticos aprendidos noutros deportes á solución das situacións de xogo que presenten semellanza coas doutros deportes.

- Actitudes

Valoración do traballo en equipo como o medio máis adecuado para a consecución de obxectivos comúns.
Valoración das accións dos compañeiros e/ou dos adversarios como mostra de recoñecemento das súas achegas ao xogo.
Respecto ás normas do xogo como elemento esencial para asegurar o desenvolvemento do mesmo en igualdade de oportunidades para os participantes.
Recoñecemento das propias posibilidades e limitacións como punto de partida para a mellora da propia competencia.


Datos persoais das persoas relatoras
- Manuel Miranda Pena
Ex- preparador físico do Clube Baloncesto Breogán
e ex- profesor da USC (Campus de Lugo)
Fundador do clube de rugby Xabarín (referente do rugby galego)

Nome da persoa coordinadora

D. Lois Pérez Díaz

TELÉFONO DE CONTACTO: 982240066- 647815332

Estrutura do Obradoiro

- sábado 16 de setembro

09: 30 – 10:00: recepción das asistentes
10:00 – 10:45: presentación e introdución teórica
10:45 – 11:45: análise e recreación da sesión 1 e sesión 2
11:45 – 12:00: pausa
12:00 – 14:00: análise e recreación da sesión 3, sesión 4 e sesión 5

- sábado 23 de setembro

09: 30 – 10:00: recepción das asistentes
10:00 – 10:45: presentación e introdución teórica
10:45 – 11:45: análise e recreación da sesión 6 e sesión 7
11:45 – 12:00: pausa
12:00 – 14:00: análise e recreación da sesión 8, sesión 9 e sesión 10

Obxectivos
•    Coñecer e desenvolver as posibles accións de xogo a realizar dende cada un dos roles estratéxicos que asumen os participantes (atacante con balón; atacante sen balón; defensor).
 •    Coñecer as regras de xogo e valorar o respecto das mesmas como medio de asegurar a igualdade de oportunidades para todos os participantes.
 •    Valorar o Rugby como un medio para o desenvolvemento da propia competencia motriz e deactitudes de respecto, tolerancia e aceptación cara aos demais.
 •    Coñecer a orixe desta modalidade e os rasgos que caracterizan a súa lóxica interna e a diferencian de modalidades similares.
 •    Coñecer os fundamentos colectivos do xogo e axustar a acción do xogo individual aos criterios de organización colectiva en cada unha das fases de xogo.
 •    Recoñecer e aplicar as solucións técnicas e/ou tácticas aprendidas noutros deportes de invasión que sexan de utilidade nas situacións de xogo deste deporte.
 •    Deducir regras de acción que permitan seleccionar as accións máis axeitadas a cada situación de xogo en función das características persoais.


Contidos

- Conceptos

Identificación das intencións de xogo a desenvolver dende cada un dos roles estratéxicos.
Coñecemento das regras básicas e dos rasgos da lóxica interna do Rugby Tag.
Coñecemento dos criterios de organización colectiva que dan sentido ao xogo de ataque e defensa.
Coñecemento do significado da xestualidade técnica deste deporte como medio de organizar a comunicación motriz cos compañeiros e a contracomunicación motriz cos opoñentes.
Identificación de regras de acción nas situacións máis habituais do xogo.

- Procedementos

Utilización das habilidades específicas en secuencias de xogo que impliquen interacción ataquedefensa.
Concreción de criterios de organización colectiva do xogo en ataque e defensa, e axuste das accións individuais a devanditos criterios.
Aplicación das habilidades específicas do Rugby Tag dende cada un dos roles estratéxicos.
Reflexión en e sobre a práctica con obxecto de axeitar os medios empregados aos obxectivos da tarefa a realizar en cada momento e de comprender a funcionalidade das aprendizaxes que se adquiren.
Identificación e aplicación de recursos técnicos e/ou tácticos aprendidos noutros deportes á solución das situacións de xogo que presenten semellanza coas doutros deportes.

- Actitudes

Valoración do traballo en equipo como o medio máis adecuado para a consecución de obxectivos comúns.
Valoración das accións dos compañeiros e/ou dos adversarios como mostra de recoñecemento das súas achegas ao xogo.
Respecto ás normas do xogo como elemento esencial para asegurar o desenvolvemento do mesmo en igualdade de oportunidades para os participantes.
Recoñecemento das propias posibilidades e limitacións como punto de partida para a mellora da propia competencia.


Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario no espazo correspondente do web do sindicato, cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de A Banca: ES73 2080 5500 4030 4011 2010, consignando como concepto: “Matrícula Obradoiro de rugby na escola”. O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.
máis información no 982240066 e 647815332 e en lugo@steg.gal
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal