Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
Incidencia informática e medidas de seguridade
Recentemente apareceu na prensa o caso do IES García Barros da Estrada, onde alumnado deste centro foi quen de acceder ás contas de correo corporativo dunha parte do profesorado. Ao STEG chegoulle a información do xeito en que este alumnado cometera esta vulneración da privacidade e, para a nosa sorpresa, resultou que non era preciso ter grandes coñecementos de informática por parte do alumnado, e que podería estar sucedendo en todos os centros educativos en que o alumnado tivese acceso a un equipo informático de uso compartido entre alumnado e profesorado.

Pero a nosa sorpresa foi aínda maior cando, tras pasar semanas dende que a Consellería coñeceu os feitos, non realizou comunicación ningunha ao resto dos centros educativos onde podería estar sucedendo exactamente o mesmo.
No STEG facémonos eco do comunicado do claustro do profesorado do IES García Barros, onde denuncian o desamparo que están a sufrir por parte da Consellería, e imos máis alá:

- O profesorado dos centros públicos está formado por traballadoras/es públicas/os e, como tales, viron a súa privacidade violada mentres daban cumprimento ao seu traballo. O lóxico, o ético e o razoable sería que os servizos xurídicos da Consellería se volcasen na protección dos dereitos destes traballadoras e traballadores.

- O trato deste caso por parte de certa prensa está sendo sensacionalista e pouco rigoroso e, de novo, un ataque contra o ensino público. Semella que en lugar de atender a informacións contrastadas só atenden a certos colectivos da comunidade educativa para os que o máis grave do asunto foi que o profesorado se negase a celebrar o acto de despedida de 2º de Bacharelato, un alumnado que en gran parte era autor, cómprice ou coñecedor desta brutal vulneración da privacidade do persoal docente.

- A actitude de avestruz dos responsábeis políticos é vergoñenta, tentando tapar o asunto e cruzando os dedos para que non estea a suceder o mesmo noutros centros, ou polo menos que non se faga público.

No STEG, dende a defensa da calidade do ensino público, vémonos na obriga de informar os centros, unha labor que lle correspondería á Consellería, poñéndonos en contacto con persoal experto en informática e transmitíndolle aos centros educativos as medidas de seguridade precisas para comprobar e, no seu caso, eliminar a posibilidade de que esta mesma situación se estea dando noutro centro educativo.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
16 de xuño de 2017

documento en pdf
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal