Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2016-2017
O STEG solicita a suspensión das clases por parte da Consellería
A Consellería de Educación vén de anunciar que suspende para mañá mércores e pasado mañá xoves o servizo de transporte escolar, diante da alerta marela e laranxa por neve prevista para boa parte do país, agás nalgunhas zonas costeiras.

O paso seguinte (e lóxico) sería anunciar a suspensión das clases nos centros de ensino daquelas zonas onde xa se suspendeu o servizo de transporte, no camiño de garantir a integridade física do alumnado e de boa parte do profesorado (tendo en conta que moitas veces percorre grandes distancias en coche até chegar ao seu centro de traballo), pero este tipo de decisións parece que non son do gusto dunha Consellería que prefire delegar estas cuestións ás direccións dos centros e ás familias.

Abonde engadir, para ver o absurdo e irresponsábel deste proceder, que o transporte levará as nenas e os nenos aos centros o día 22 pero non os recolle ata o día 23 porque dende as 12:00  horas do 22 até as 12:00 horas do 23 non funciona! E as direccións non  poden decretar a suspensión da actividade docente antes porque a alerta non é  laranxa/vermella (é amarela/laranxa)

Dende o STEG resúltanos paradoxal esta arbitrariedade sobre o concepto de “seguridade” co que parece funcionar a Consellería, cando até hai vintecatro horas falaba de que sen “seguridade xurídica” e por sentido da responsabilidade non convocaría oposicións pero nembargantes, non ten problema ningún en prescindir do criterio de seguridade en relación ao alumnado e traballadoras e traballadores do ensino e deixarlle este tipo de decisións, en ocasións impopulares (e nunca mellor dito) a outros axentes da comunidade educativa.

O tema non é menor, e habería interesantes reflexións sobre o mesmo: a concepción que se promove dende os gobernos da dereita da cidadanía como “clase usuaria” e non como clase traballadora, a ausencia absoluta de medidas para unha conciliación efectiva que contemple certas casuísticas coma esta… Pero iso é outra historia.

Polo anteriormente exposto, o STEG demanda que a Consellería proceda a suspender as clases e a actividade escolar en aquelas zonas en que xa decretou a suspensión do servizo do transporte escolar.

A seguridade das persoas é tan importante como o resto das “seguridades”, senón  a máis importante de todas.

Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
martes 21 de marzo de 2017
  documento en pdf
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal